
Chámanse Rubén, Ángel, Beatriz e Rafael. Son naturais e residentes en Teo e veñen de gañar un concurso estatal patrocinado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para promocionar o ano mundial da Astronomía que se celebra durante este 2009.
E todo isto xurdiu no mes de decembro do ano pasado na asignatura optativa que se imparte no IES de Cacheiras Linguaxe audiovisual e medios dixitais. Sergio Clavero é o profesor da materia e ademais o auténtico impulsor do traballo deste grupo de mozos. Clavero leva nove anos no instituto de Cacheiras e neste momento ten a 70 alumnos na asisgnatura de linguaxe audiovisual. Clavero ten formación en Belas Artes, no campo do audiovisual e ten feito traballos e cine, sobre todo coa realización dalgunha curta.
Para o equipo gañador que é o protagonista este curso foi o primeiro achegamento ao mundo audiovisual. Segundo eles mesmos explican puideron ver como se fan as cousas no terreo audiovisual, que se pode conseguir facer produtos interesantes, e neste caso con premio.
A páxina web www.nuestroscielos.es convocou un concurso no que había que realizar un spot para promover o Ano mundial da astronomía. Esta convocatoria está patrocinada polo Ministerio de Ciencia e Innovación e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Sobre unha idea orixinal de Sergio, o profesor, os catro alumnos traballaron intensamente durante quince días para poder presentar o spot ao concurso. Para a realización do anuncio tamén se contou con extras de excepción. Concretamente no vídeo aparecen varios alumnos e mestres do IES de Cacheiras.
A sorpresa foi maiúscula entre o alumnado cando recibiron a nova de que o seu traballo levara o primeiro premio. Sorpresa, ilusión e gratitude son as impresións que teñen neste momento.
Este venres 24 de abril ademais poderase ver proxectado o spot gañador e algúns dos traballos realizados por estes alumnos de bacherelado na Mediateca de Cacheiras ás 19.30 horas. Será a primeira vez que se proxecte fóra do instituto e no acto participará o alcalde de Teo, Martiño Noriega.
Ademais da satisfacción de gañar o concurso o instituto recibiu unha cámara de vídeo e a visita dun planetario móbil como premio.
E un apunte máis. O spot gañador está realizado pola firma Atuxuro Films. Coidado que ameazan con rexistrarse e seguir traballando no eido audiovisual....
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.