
A Universidade de Santiago e a Fundación Galiza Sempre veñen de asinar un acordo no que establecen o marco de actuación para colaborar na organización de congresos, cursos, conferencias, exposicións, publicacións e actividades culturais, asà como no asesoramento en investigacións e actividades de arquivo.
A exposición de motivos recolle a tradicional “colaboración na realización do Festigal, Festival cultural que se celebra anualmente en Santiago dende 2002” e o acordo asinado establece varias modalidades de colaboración, entre elas a realización de actividades formativas do alumnado da USC, o asesoramento mutuo en proxectos de investigación e divulgación sobre o nacionalismo galego e a continuación coa colaboración establecida para o tratamento do arquivo da Fundación. Este último asunto iniciouse recentemente mediante a asistencia técnica da USC para o tratamento arquivÃstico dos fondos documentais do nacionalismo galego xestionados por Galiza Sempre.
Cunha vixencia inicial de cinco anos, o acordo prevé a realización de convenios e contratos especÃficos para os diferentes proxectos e programas que o desenvolvan, sempre baixo a supervisión dunha comisión mixta integrada polo vicerreitor de PolÃtica Internacional da USC e o director xerente da Fundación Galiza Sempre.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.