Notas de prensa

Irisarri anuncia a inauguración da Casa Solidaria con máis de 1.000 m2 para a rede social

Ferrol inaugurará en outono a súa Casa Solidaria, máis de 1.000 metros cadrados reservados para a Oficina Municipal de Voluntariado, a atención a inmigrantes e o uso daquelas entidades e asociacións que carecen de local propio e traballan no eido da cooperación, o voluntariado e a solidariedade.

Cuestións que sitou na primeira liña da súa política o actual goberno local de Ferrol que lidera o alcalde Vicente Irisarri. O Alcalde xunto á concelleira de área, Beatriz Sestayo, visitou o inmoble en obras, ubicado na Avenida de Vigo cruce coa rúa Velázquez, para supervisar os traballos, que se desenvolven a bo ritmo.

Vicente Irisarri aseguraba que paso a paso o goberno municipal está a promover unha auténtica rede de infraestructuras sociais. De feito, sinalaba que en menos de dous anos a cidade pasou de cero a catro espazos propios: o primeiro, a Casa da Xuventude, en pleno centro da cidade; o segundo, o Edificio Social, posible grazas á cesión do inmoble por parte da Deputación provincial de A Coruña; o terceiro, a Casa da Muller, na rúa Lugo, e cuarto, o centro Quérote, resultado do convenio de colaboración entre Concello e Xunta. A todos eles, e en cuestión de meses, se sumará a Casa Solidaria. Inicialmente proxectada para albergar os servizos sociais municipais, a apertura das dependencias ubicadas en Sánchez Barcáiztegui posibilitaron o cambio de finalidade. Unha finalidade que reivindicou o actual goberno e que incorporou como área propia de xestión no actual mandato.

O alcalde lembraba que as obras de construcción da Casa Solidaria están orzamentadas en algo máis dun millón de euros, así como que a Xunta contribúe na financiación a través das correspondentes subvencións. Alea executa os traballos, que se desenvolven en baixo, seis plantas, terraza practicable e sótano. Por pranta, uns 140 metros cadrados.

Pola súa banda, Beatriz Sestayo incidiu no cambio histórico que se está a producir en Ferrol en materia social e atención ás persoas, con espazos propios para esta e para o desenvolvemento de políticas activas e actividades propias. Apuntou que coa Casa Solidaria Ferrol se equipara a outras grandes cidades de España e cede un espazo clave para as entidades do Terceiro Sector. Avanzou que será precisamente coas entidades con quenes o goberno local consensúe os usos e funcionamento do espazo, xa que a participación cidadá é peza clave na política do equipo que dirixe Vicente Irisarri. Por último, subliñou a necesidade de non deterse neste momento e seguir creando espazos por e para todos.

Concello de Ferrol, 2009-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES