
A iniciativa, promovida pola concelleira Marga Martín, está destinada a que os veciños das Asociacións de Maiores da cidade coñezan un espacio singular, descubrindo a riqueza natural, paisaxística, etnográfica, patrimonial e medioambiental de Galicia.
O obxectivo das viaxes é fomentar entre os ourensáns o coñecemento e o disfrute da rica e variedade realidade cultural, histórica e natural de Galicia, xunto co carácter lúdico e de recreo. Na campaña van participar máis de 250 persoas.
O programa inclúe o transporte en autocar con recollida na sede Social da Asociación, visitas guiadas por persoal especializado da ruta elexida, e seguro de accidentes de viaxe. 0 60% dos custes son financiados pola Concellería de Benestar Social.
A oferta de rutas turístico-culturais ofrecidas ascende a 12 opcións: ruta polas Rías Baixas-Salnés, Ruta da Costa da Morte-Fisterra, Ruta das Médulas, Ruta pola Mariña Lucense, Ruta dos Ancares, Ruta pola Cidade Romana de Lugo, Ruta pola Coruña e Rías Altas, Ruta polo Courel, Ruta pola Comarca de Sarria e Samos, Ruta pola Comarca A Guarda O Rosal Val Minor, Ruta polas vilas e comarcas de Mondariz Arbo Melgaço e Ruta polas Comarcas de Tui Valença.
Cada visita está prevista para grupos compostos entre 35 e 55 persoas por autocar, e cunha duración non superior a un día.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.