Os novos membros do Consello de Dirección da USC toman posesión o venres, 3 de abril, dos seus cargos. O nomeamento da profesora Elvira Fidalgo como vicerreitora de Cultura e do profesor Agustín Merino como vicerreitor de Política Internacional completan a reorganización que o reitor da USC está a realizar no Consello de Dirección. Á súa vez, Jesús Antonio Casabiell Pintos substitúe ao profesor Merino que ata agora desempeñaba as funcións de vicerreitor adxunto no Campus lugués.
Os novos cargos súmanse aos xa anunciados de Juan Viaño como responsable de Profesorado e Organización Académica; de Marta Inés Miranda Castaón como vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos; e a unificación das vicerreitorías de Economía e Financiamento e de Infraestruturas nun soa, da que se encargará Miguel Vázquez Taín.
A toma de posesión dos novos integrantes do Consello de Dirección da USC celebrarase o venres 3 de abril nun acto protocolario que vai presidir o reitor Senén Barro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Os cambios realizados prestan especial atención aos grandes retos que está a acometer a USC diante dos espazos europeos de Educación Superior e de Investigación, apunta Barro, e de xeito complementario á proxección no exterior, ás infraestruturas e á posta en valor do patrimonio da institución.
Elvira Fidalgo Francisco é profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega dende 1996, mentres que Agustín Merino, profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, ocupaba ata o momento a vicerreitoría adxunta de Investigación e Proxección Exterior en Lugo. Pola súa banda, Jesús Antón Casabiell imparte docencia tamén na cidade da muralla romana adscrito ao Departamento de Fisioloxía.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.