
Por segundo ano consecutivo, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e a presidenta da Coordinadora de Confrarías, María del Carmen Arcos, asinaron o convenio de colaboración para a Semana Santa. Un convenio que establece o necesario marco de colaboración entre ambas institucións e aporta estabilidade á relación. De feito, o propio Vicente Irisarri lembraba que o ano pasado, por primeira vez, o Concello decidía articular un convenio global onde se recollese unha aportación estable coa que a institución local apoiaría e promocionaría a celebración destes actos. Así se facía coa intención de manter ese compromiso durante os catro anos do actual mandato. E, de feito, así consta no convenio por 70.000 euros asinado esta mañá no salón de recepcións do pazo municipal.
Tras a rúbrica, Vicente Irisarri comezaba a súa intervención agradecendo aos centos de ferroláns e ferrolás que, co único descanso do día de Chamorro, centran o seu esforzo e vontades en conseguir que, ano tras ano, a Semana Santa de Ferrol, declarada de Interese Turístico Nacional, gañe visitantes e fieis. Nesta liña, o alcalde salientou a importancia desta cita, que convirte a Ferrol no centro turístico por excelencia de Galicia. Asegurou que, ao marxe do apoio económico que o Concello lle presta á Coordinadora de Confrarías, a institución local tamén traballa con intensidade por promocionar a Semana Santa e conseguir que sume atractivos. Así, avanzou a posta en marcha, tamén por segundo ano consecutivo, dun servizo especial de transporte público gratuíto que una A Malata -zona de entrada á cidade conectada con autoestrada- co barrio da Magdalena, ou os contactos coa Cámara de Comercio para tentar lograr a apertura dos comercios en tan sinaladas datas. Para o alcalde, a Semana Santa ten o respaldo sen fisuras dos 25 concelleiros da corporación e, nesa liña, seguirá a traballar o Concello.
Pola súa banda, María del Carmen Arcos mostrou a súa satisfacción pola firma do convenio, xa que aporta unha seguridade de financiación necesaria para a entidade que representa. De feito, o alcalde lembraba neste punto que a Coordinadora recibiría coa sinatura do convenio o 50% da achega, namentras que o 50% restante se abonaría unha vez rematada a actividade, trala presentación no Rexistro Xeral do Concello da documentación xustificativa.
Así mesmo, Arcos agradeceu a colaboración de toda a corporación na organización da Semana Santa, da que destacou o seu carácter profundamente relixioso, pero tamén cultural e turístico. E, neste senso, se mostrou encantada de que a Semana Santa contribúa de forma decisiva á dinamización socioeconómica da cidade.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.