O Concello de Ourense, en colaboración coa Escudería de Clásicos de Ourense, organiza a recepción dos participantes na XXX Edición do Rally de Cambrils de Automóviles Antiguos, que chega o mércores 25 de marzo. O rally atravesa nesta edición a Península, para ir dende o Mediterráneo ata o Atlántico (entre Cambrils e Santiago de Compostela).
O programa no seu paso pola nosa cidade será o seguinte:
Mércores, 25 de marzo:
- Chegada polo enlace centro da autoestrada, procedentes de Puebla de Sanabria, a partir das 18:15 h.
- Entrada dos vehículos á Praza Maior, pola Praza Bispo Cesáreo.
- Exposición dos 36 vehículos participantes, na Praza Maior entre as 18:20 e as 21:00 h.
- Recepción do alcalde no Concello ós participantes do evento, ás 19:00 h.
- Visita turística ás Burgas e paseo polo Casco Vello.
- Saída ás 21:00 h. polas rúas peatonais: Lamas Carvajal e Paseo, para aparcar no aparcamento da rúa Juan XXIII.
Xoves, 26 de marzo:
9:00 h: Saída dos vehículos dende o aparcamento Juan XXIII, pola avda. Habana, Pavillón de Deportes e Rúa Ribeira Sacra, en dirección á entrada da autoestrada.
Os obxectivos do Rally son fomentar a cultura, o civismo e a convivencia, ademáis de promover fluxos de movemento entre poblacións. Deste xeito, preténdese convertir o Rally nun museo ambulante, que suxira coñecemento, encanto e ganas de viaxar.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.