Notas de prensa

Ourense incorpórase á Rede de Cidades AVE

A incorporación permitirá potenciar a promoción de Ourense como porta de entrada da alta velocidade a Galicia. O alcalde salienta que a rede permitirá “lanzar en toda España o extraordinario potencial turístico e termal de Ourense”.

A cidade de Ourense ven de incorporarse á Rede de Cidades AVE, unha asociación na que participan un total de 20 localidades españolas que contan con esta infraestructura de comunicacións na actualidade ou contarán con ela a curto ou medio prazo. O Concello recibiu a comunicación oficial por parte do presidente da Rede, e alcalde de Lleida, Angel Ros, da aceptación da solicitude realizada polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, de que Ourense se incorpore a esta rede nacional, en calidade de membro adherido.

A rede ten como obxectivo prioritario a promoción turística dos destinos que a integran desde as perspectivas de seren cidades comunicadas polo tren de alta velocidade. A incorporación de Ourense a este colectivo supón, segundo o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, “unha nova moi positiva, xa que nos vai permitir desenvolver proxectos de promoción e desenvolvemento turístico da nosa cidade, en colaboración con outras localidades españolas, para realizar un esforzo conxunto de promoción de Ourense, ó tempo que beneficiarnos das experiencias que se desenvolveron noutras cidades que contan con esta infraestructura, e aproveitar o AVE para relanzar en toda España o gran potencial turístico e termal que ten Ourense, como porta de entrada da alta velocidade a Galicia”.

A Rede de Cidades AVE é unha asociación constituída por aqueles municipios que se conecten mediante a liña férrea a través da infraestructura de Alta Velocidade Española e teñan parada de AVE, que voluntariamente o desexen para a actuación conxunta no ámbito da promoción turística.

Actualmente forman esta rede as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Córdoba, Antequera, Puente Genil, Puertollano, Ciudad Real, Segovia, Valladolid, Guadalajara, Calatayud, Huesca, Lleida e Tarragona. Todas elas teñen en común contar cunha infraestructura, como é a liña de AVE, que as conecta mediante a liña férrea. A elas se veñen de engadir, en calidade de membros adheridos, as cidades de Ourense, El Prat de Llobregat, León e Talavera de la Reina, ó seren cidades que teñen previsto a medio prazo a súa conexión con dita infraestructura e unha parada AVE.

A Rede de Cidades AVE ten como principais obxectivos

- Actuar conxuntamente no desenvolvemento de estratexias e accións promocionais dirixidas a operadores turísticos e outros profesionais para a difusión da imaxe que se corresponda cos intereses das cidades da Rede

- Realizar proxectos e propostas comúns destinadas a promocionar a Rede e cada unha das cidades que a integran

- Establecer políticas de intercambios de experiencias e resultados, en relación con cuestións plantexadas e resoltas en cada unha das cidades integrantes, traballando conxuntamente na análise do impacto e evolución da implantación do AVE nas mesmas

- Intercambiar información nas distintas Oficinas de Turismo das estacións e colaborar na promoción das cidades da rede, a través de ditas oficinas.

- Desenvolver, xestionar e difundir actividades culturais en proxectos e propostas comúns

- Desempeñar o papel de interlocutor con institucións públicas e privadas relacionadas cos obxectivos da Rede.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2009-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES