Notas de prensa

A educación ambiental busca un sitio nos medios de comunicación galegos

Só o 9% dos medios de comunicación contan cun departamento ou sección dedicada exclusivamente ao medio ambiente ou a Educación Ambiental, e só un 3% dispón de persoal especializado, según o estudo elaborado pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA).

Na actualidade, os medios de comunicación xogan un papel fundamental na articulación do coñecemento colectivo, converténdose nun elemento básico na interpretación que a cidadanía fai dos problemas ambientais.

Por este motivo, a finais de 2007 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) realizou un estudio sobre a situación da Educación Ambiental nos medios de comunicación presentes en Galicia, no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

Non cabe dúbida de que a información de carácter ambiental ten cada vez unha maior relevancia e tamén unha maior demanda por parte da cidadanía, porén, os medios de comunicación galegos semellan non estar aínda preparados para esta situación. Datos como que só o 9% dos medios de comunicación conten cun departamento dedicado exclusivamente ao medio ambiente, ou que só un 3% conten con persoal especializado, supoñen un importante lastre na transmisión da información ambiental.

A vista destes datos, e no marco do proceso de dinamización da Educación Ambiental que está a promover a SGEA, consideramos preciso poñer en común estes resultados co conxunto de medios de comunicación galegos para poder así afondar nos puntos febles e puntos fortes identificados e avanzar na definición de liñas de acción que axuden a unha mellora da información ambiental.

Con estes obxectivos desenvolveuse en Santiago de Compostela, no Club Internacional de Prensa, un seminario de traballo que contou coa participación dos medios de comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia.

O seminario, ademais de servir como punto de encontro entre os profesionais do sector, puxo de manifesto os problemas que teñen os/as xornalistas á hora de desenvolver a súa labor, condicionados pola urxencia do traballo e a dificultade para atopar información obxectiva e contrastábel. Así mesmo, incidiuse na necesidade de artellar espazos para a formacións dos profesionais en cuestións ambientais.

Nos próximos días a SGEA desenvolverá seminarios de traballo semellantes con técnicos municipais –o 24 de marzo– e con empresas de Educación Ambiental –o 17 de abril–, co obxectivo último de dispoñer dun plan de Acción completo e participado para a Educación Ambiental na nosa comunidade.

Sociedade Galega de Educación Ambiental, 2009-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES