Notas de prensa

O xornalista Francisco Rivera Cela, homenaxeado pola súa traxectoria profesional

O Presidente da Deputación recibe ó xornalista lucense Francisco Rivera do que destaca a súa traxectoria profesional. Na homenaxe no Círculo das Artes lembráronse os seus inicios en Radio Lugo en 1954, e os máis de 40 anos que leva vencellado á cadea COPE.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu no Pazo de San Marcos ó xornalista Francisco Rivera, que recibeu unha homenaxe no Círculo das Artes en recoñecemento ó traballo realizado en prol da sociedade lucense nos últimos 50 anos. Gómez Besteiro destacou a traxectoria profesional de Rivera, que comezou a colaborar cos medios de comunicación da cidade con tan só 13 anos.

A carreira de Paco Rivera comezou en 1954 cun programa de deporte escolar en Radio Lugo e desde 1967 traballou na Cadena COPE. A súa actividade xornalística estivo especialmente ligada á radio, pero tamén realizou traballos para a prensa e a televisión. Entre outros presentou e dirixiu o espazo de entrevistas Lucenses en Televisión Lugo.

Ademais, hai 20 anos creou os premios Lucenses do Ano e leva 24 organizando o maratón popular. Foi xerente do Padroado de Cultura do Concello de Lugo durante 10 anos e na actualidade forma parte da dirección de distintas asociacións culturais.

NotaPaco Rivera acudíu á recepción acompañado pola empresaria Nora Real e a presidenta de ASPNAIS, Conchita Teijeiro, promotoras da iniciativa. Esta homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas en amosar o seu cariño e apoio ó xornalista que neste tempo colaborou en numerosas actividades de xeito totalmente desinteresado.

NotaRecibeu unha homenaxe no Círculo das Artes á que asistiron os seus fillos, entre eles a escritora Marta Rivera de la Cruz, finalista do Premio Planeta.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2009-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES