Notas de prensa

Investigadores internacionais participan no Congreso Medio Rural e Cambio Climático

ASEFOGA organiza o 26 de marzo en A Coruña o Congreso Medio Rural e Cambio Climático no que se analizará o aumento anormal das temperaturas e as consecuencias que ten na reparación de pragas e enfermidades xa erradicadas.

Investigadores de prestixio internacional participarán no foro que ASEFOGA organiza en A Coruña no Congreso ‘Medio Rural e Cambio Climático’.

Entre as múltiples consecuencias negativas do Cambio Climático están a
alteración dos hábitats de animais e plantas, con cambios nos patróns de
migración de aves e especies mariñas, e aumento tanto de especies
invasivas como de vectores de transmisión de certas enfermidades.
Impulsado por esta problemática ASEFOGA realiza “CONGRESO MEDIO RURAL e CAMBIO
CLIMÁTICO” que pretende incorporar procesos participativos que impliquen aos profesionais do sector primario, principalmente ao sector pesqueiro e agroforestal galego, nas medidas de mitigación e adaptación que se plantexaran no mesmo, buscando ser un foro de participación e debate en todos as cuestións relacionadas co Medio Rural e o Cambio Climático.

O día 26 de Marzo de 2009 celebrarase no PALEXCO (Palacio de Exposiciones y Congresos de A Coruña) o “CONGRESO MEDIO RURAL Y CAMBIO CLIMÁTICO” pertenecente o proxecto: “Promoción responsable de las actividades empresariales en las zonas desfavorecidas y de la red natura gallegas y su interacción con el cambio climático”, incluido no Programa empleaverde da Fundación Fiodiversidad que se desenvolve no marco do Programa Operativo “Adaptabilidad Y Empleo” del Fondo Social Europeo para o período 2007-2013.

No noso país existen moitos equipos de investigación e expertos de distintos organismos,
universidades e institucións que desenvolven actividades en evaluación de impactos do cambio climático no sector primario. Co obxectivo de integrar e revisar todos estos estudos e poñer ao día o estado de coñecemento que existe sobre este tema, consideramos necesaria a organización deste evento. Entre os ponentes estará o Director Executivo do “Observatorio de la Sostenibilidad en España” Luis Jiménez Herrero, Felix Hernández Alvaréz. Científico del CSIC de Madrid de Ciencias Humanas y Sociales e participante do Informe de Cambio Climático para Zapatero. Mª
Jesús Muñoz Reoyo. CISA. INIA, Miguel Rodríguez Méndez. Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo. Universidad de Vigo, Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático de Edafología.

http: www.congresocambioclimatico.es, 2009-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES