Oito cociñeiros galegos participan na décima edición do Campionato Galego de Cociñeiros, certame clasificatorio para o Campionato de España e vía para o Bocuse dOr, o campionato do mundo para os cociñeiros profesionais. Os concursantes cociñan durante máis de cinco horas unha receita de bacallau noruegués e outra de solombo de terneira, coa dificultade engadida de ter que acompañar cada unha das receitas base con tres guarnicións elaboradas, na práctica, tres receitas de mini-cociña, que buscarán a harmonía coas viandas principais desta edición do campionato.
Un xurado de recoñecidos gastrónomos, xornalistas especializados e representantes de asociacións vinculadas co mundo da alta cociña, tanto de Galicia como do resto de España e do exterior, será o encargado de determinar quen será o profesional que acade o primeiro posto nesta edición do certame.
Os membros do xurádo foráneos chegan esta tarde a Galicia e visitarán a adega de Agro de Bazán en compañía dunha representación da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) co seu presidente, e director do Campionato Galego de Cociñeiros, Guillermo Campos, á frente.
A adega presentaralles o Gran Bazán Derradeira Vendima, que saliu ao mercado no Nadal.
O Grupo HG&T convoca bienalmente este Campionato, no ámbito da comunidade autónoma, que conta co patrocinio da D.X. Turismo -Xunta de Galicia- a través de convenio coa Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA). Este certame non só é o máis antigo de Galicia senón que tamén é o de maior prestixio, pois clasifica oficialmente para o Campeonato de España de Cocineros 2009 Jóvenes Restauradores Bocuse Dor 2010, que se celebrará en Madrid, dentro do XXIII Salón Internacional del Club Gourmets, os próximos días 31 de marzo e 1 de abril de 2009.
Os gañadores do certame daranse a coñecer ao longo da cea de peche do certame, que comezará ás 20.00 horas, e que se celebrará no Centro Superior de Hostelería (Santiago de Compostela).
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.