Notas de prensa

Lugo acolle as I Xornadas Galegas do Porco Celta

O evento, organizado pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) no Pazo de Feiras de Congresos de Lugo, pretende dar a coñecer a importancia actual da raza porcina celta. Cuestións relacionadas coa produción, a comercialización e a xenética da raza centran os relatorios.

Asoporcel, Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, organiza entre o 5 e o 7 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo as I Xornadas Galegas do Porco Celta coas que se pretende resaltar a importancia actual da raza porcina celta. Co patrocinio da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e a colaboración a USC e de Xenética Fontao, este evento congrega a numerosos expertos que durante tres días debaten sobre a produción, a comercialización e o consumo deste producto galego.

As xornadas comezaron cunha ponencia de Xosé Antonio Carril González-Barros, coordinador xeral de Asoporcel, quen informou da evolución da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, abordando as perspectivas de futuro en torno á comercialización. Dous profesores da USC falaron, a continuación, da produción e do aproveitamento silvopastoral. A primeira sesión completouse cunha ponencia de Begoña Peinado, del Instituto de Investigación y Desarrollo Alimentario de Murcia, sobre o Chato Murciano; a presentación dos estudos sobre a raza porcina celta a cargo de José Manuel Lorenzo García do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, e unha charla sobre a situación actual da Raza Ibérica Pura a cargo de Elena Diéguez, secretaria ejecutiva de la Asociación Española de Criadores de Ganado Porcino Selecto Ibérico Puro e Tronco Ibérico.

Un viño galego con degustación dun pincho de porco celta foi a nota gastronómica na xornada inaugural deste evento que aborda cuestións de interese para o sector como os sistemas de produción, a caracterización xenética da raza, o modelo de xestión do patrimonio xenético, o modelo de comercialización e certificación, a importancia das razas autóctonas na produción gandeira, a caracterización racial porcina celta, a produción de gandeirías alternativas no desenvolvemento rural e as actuacións da Xunta no apoio á produción de porco celta.

GD, 2009-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES