O equipo do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, converteuse no gañador da II Liga Galega de Debate, unha competición intelectual con formato deportivo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que tivo lugar nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar entre o 29 de xaneiro e o 1 de febreiro.
O equipo campión foi galardonado cunha viaxe polo País Vasco e un ordenador portátil para cada integrante do equipo. Ademais, 40 alumnos dese centro disfrutarán tamén desa mesma viaxe. O segundo clasificado desta competición, o IES Vilar Ponte, de Viveiro, obtivo unha Wii para cada integrante do equipo. Tamén se concederon premios de oratoria, grazas á colaboración de Deloitte, que recaeron en Ana Ferreiro, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e Elena Castro, do IES Rosalía de Castro.
Nesta II Liga Galega de Debate competiron un total de 48 equipos de centros educativos de toda Galicia. O obxectivo: fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición, é dicir, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos se enfrontan defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema. ¿Están as Administracións públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?: Este foi o tema sobre o que arrincou a última fase da competición na que se enfrontaron os equipos finalistas. O equipo de xuíces estivo formado por destacadas personalidades no eido da comunicación e o dereito, así como expertos e campións en diversas competencións de debates.
Coa posta en marcha destas ligas de debate dende a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade téntase facer tomar consciencia aos estudantes da importancia de saber falar en público, ao tempo que quere fomentar o uso do galego entre a xuventude nunha actividade onde se esixe un correcto dominio da expresión oral e do vocabulario. Tamén persegue fomentar entre os mozos e mozas o respecto e a tolerancia como instrumentos de comprensión de ideas discrepantes e facilitar entre eles o desenvolvemento de habilidades como o traballo en equipo, a coordinación e a repartición de roles e tarefas.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.