
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que Galicia é o mellor aliado para introducir e defender os intereses de América en Latina en España e en Europa. Durante a inauguración, en Santiago, do Congreso de Análise sobre Latinoamérica, Construíndo Eurolat, que reúne aos principais responsables de medios de comunicación de Latinoamérica, Portugal e España, o titular do Goberno galego remarcou que Galicia é o mellor aliado para defender os intereses de América Latina en España e, con España, nas institucións da Unión Europea.
Desde a perspectiva histórica, Galicia síntese en débeda con América, en débeda con todos vós, aseverou Touriño lembrando o acubillo, a hospitalidade e a comprensión que atoparon os emigrantes galegos en América Latina. Por iso, engadiu, a comunidade galega non pode atopar mellor moeda de pago que poñer todo o seu empeño para que a Europa das liberdades, a Europa dos valores sociais, da innovación e do coñecemento, a Europa da integración, se comprometa, do xeito máis axeitado posible, ao desenvolvemento sostible das sociedades latinoamericanas.
Galicia é Europa, pero Galicia é América. O arco da ponte que nos une. A placenta que contribuíron a crear miles e miles de galegas e galegos que se viron forzados a emigrar, a abandonar o fogar e a terra, os máis por falta de oportunidades, algúns moi ilustres por motivos políticos, e todos eles lanzados á aventura dunha nova vida, salientou.
Na mesma liña, o máximo mandatario autonómico avogou por aproveitar a presidencia española da Unión Europea, que España asume o 1 de xaneiro de 2010, para introducir, pola porta grande, a América Latina no corazón da axenda europea.
Así mesmo, apostou por aproveitar a crise global que hoxe nos sacude a todos e convertela na grande oportunidade para reinventar esa relación de vello e novo continente. Fagamos da necesidade virtude e reinventemos a nosa relación, partindo desde a mellor mirada que temos sido capaces de atopar, a da península ibérica, pero atraendo a esa nova relación a potencialidade do conxunto de estados que hoxe compoñen a Unión Europea, insistiu.
Nesta misión, o presidente galego considerou fundamental a comunicación entre as dúas opinións públicas, lembrando que de nada serviría o traballo dos políticos se os cidadáns non se interesan polo futuro máis próximo e común a través dos vosos medios de comunicación, aseverou dirixíndose aos participantes no congreso e pedíndolles axuda para xerar un verdadeiro movemento de interese que faga posible acadar as melloras concretas que na nosa relación se deben producir.
Na súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que, precisamente, a construción das relacións entre Europa e América Latina, que se teñen convertido na actualidade nun obxecto de primeira necesidade a ambos lados do océano, constitúe o obxectivo fundamental do congreso de comunicación inaugurado hoxe, Construíndo Eurolat, que cualificou como auténtico cumio latinoamericano de xornalismo.
Nel participan os principais responsables de medios de comunicación de Latinoamérica, Portugal e España a quen Touriño lles desexou un intenso e frutífero traballo que permita arroxar conclusións sobre os principais asuntos da actualidade, así como as materias máis profesionais do traballo xornalístico e as dificultades polas que atravesa o seu exercicio.
A calidade dos relatores, así coma o conxunto de congresistas, son a mellor garantía para tal fin, asegurou Pérez Touriño agradecendo tamén aos organizadores que teñan escollido a comunidade galega para a celebración deste congreso e que nos teñan concedido a oportunidade de amosar a América a Galicia de hoxe, os seus problemas, as súas realidades e os seus soños, aseverou.
O titular do Goberno autonómico rematou a súa intervención facendo uso da lingua galega, a de Rosalía e Castelao, incidiu, lembrando que é un dos tres idiomas que compartimos cantos aquí nos atopamos. Esas tres linguas, nacidas de tronco común, constitúen a mellor ponte de comunicación entre os nosos pobos. Instrumentos de enorme potencia para reforzar os lazos históricos que nos unen. Para achegar as realidades de dúas rexións do mundo chamadas a entenderse, concluíu.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
Os máximos representantes do xornalismo latinoamericano atópanse en Santiago para asistir ao Congreso de Análise sobre Latinoamérica Construíndo Eurolat. As relacións de Latinoamérica e a Unión Europea, un encontro organizado polo Grupo Diariocrítico e Prestomedia e dirixido polo xornalista Fernando Jáuregui.
A inauguración tivo lugar no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, e que contou ademais coa presenza do reitor Senén Barro; do director do Grupo Diariocrítico, Fernando Jáuregui; do presidente europeo da Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana, José Ignacio Salafranca; e do director de Estratexia de Medios de Telefónica, Carmelo Calvo. Fernando Onega foi o encargado de conducir o acto.
Previamente á apertura oficial, os asistentes ao congreso reuníronse co reitor compostelán na Biblioteca América do Colexio de Fonseca para coñecer da súa man a historia da Universidade que os acolle.
Nesta cuarta edición, que se desenvolverá enteiramente na Facultade de Ciencias da Comunicación, participan setenta xornalistas de 25 países -entre eles os directores dos catorce xornais máis importantes de América Latina-, embaixadores en Madrid e na UE, directores de medios de comunicación galegos e españois e representantes políticos de gran experiencia internacional.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.