
O cuarto premio do concurso de Carteis da 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa xa ten gañadora, María José Vaamonde Quinteiro. A súa peza foi elixida en votación popular o pasado 11 de xaneiro entre as máis de 30 propostas.
María José Vaamonde, estudante de 16 anos de 1º curso de bacharelato no IES de Arzúa, pintou á man con cera o cartel gañador ao que titulou O pensamento que une o país. Este e todos os carteis presentados nesta edición pódense ver ata o 31 de xaneiro na exposición que se está a celebrar na Capela da Madalena de Arzúa.
Ademais deste cuarto premio, que obterá un agasallo especial da organización, o certame outorgará tres premios máis que obterán unha dotación económica de 600, 300 e 150 euros respectivamente. Para a entrega de premios celebrarase un acto especial, que se incluirá no Programa Oficial da 34ª Festa do Queixo de Arzúa.
A elección dos tres primeiros premios terá lugar a finais de xaneiro de 2009, mediante a valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión Festa do Queixo cun único voto por persoa. O xurado valorará de xeito especial a creatividade da arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia e o impacto visual publicitario dos carteis. A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa.
O Concello de Arzúa celebra tradicionalmente a Festa do Queixo de Arzúa na primeira fin de semana do mes de marzo, este ano dita celebración terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.