O Concello de Ferrol dá un paso máis na participación cidadá, unha das claves da política do actual goberno local e instrumento fundamental para levar a cabo calquer iniciativa con visos de éxito entre a cidadanía. E faino no eido das festas. Ao respecto, a edil do ramo, Beatriz Sestayo, anunciaba esta mañá, recén concluidos os festexos navideños e en carteira os de Entroido, que o Concello quere facer unhas festas a medida dos gustos e preferencias dos veciños e veciñas. E, para iso, vén de pór en marcha un novo canle de comunicación: o enderezo electrónico: concertos@ferrol.es, no que os ferroláns e ferrolás poderán remitir as súas propostas para o calendario de actividades das festas. Aínda que o nome incide especialmente no apartado musical, Beatriz Sestayo explicou que o seu departamento non quere limitar a participación cidadá a este aspecto. En todo caso e para un acceso áxil e rápido, a páxina web municipal (www.ferrol.es) dispón dende hoxe dun apartado específico con conexión directa ao dito correo electrónico.
Nesta liña, a concelleira de Festas, Benestar Social, Xuventude e Solidaridade indicou que esta nova ferramenta permitirá mellorar non só as festas do verán, senón tamén as do Nadal e Entroido, así como outras citas destacadas no calendario como a Feira da Ilustración.
Así mesmo, e co obxecto de dotar da maior transparencia posible a acción neste campo, Beatriz Sestayo indicou que o seu departamento colgará na web municipal www.ferrol.es un ránking coas principais preferencias dos cidadáns. Un ránking que se acompañará dos cachés dos profesionais, no caso dos concertos, e tamén das peticións plantexadas e dos seus custes. En todo caso, Sestayo indicou que o Concello confía en que os veciños e veciñas darán traslado daquelas propostas que, dende o punto de vista económico, sexan asumibles para a Administración local. E, nesta liña, engadiu que periodicamente a Concellería de Festas irá colgando tamén información co orzamento para a organización destes festexos, das xestións realizadas e en que se inviste.
Ao respecto, Beatriz Sestayo quixo pór en valor e agradecer especialmente a colaboración da cidadanía nas pasadas festas de Nadal, que o seu departamento organizou no prazo dun mes. Asegurou nesta liña que a concellería tentou na medida do posible atender as peticións e suxerencias plantexadas, así como que esa actitude se viu reflectida nunha maior presenza cidadá nas rúas da cidade.
Por último, Beatriz Sestayo animou a todos e a todas a participar desta iniciativa e confiou en que contribuirá de xeito decisivo a mellorar as festas de Ferrol, satisfacendo aos seus veciños e veciñas e atraendo a máis xente de fóra da cidade.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.