Notas de prensa

Presentados máis de 30 orixinais ao Concurso de Carteis da 34ª Festa do Queixo

Do 10 ao 31 de xaneiro exhíbense os traballos presentados na Capela da Madalena de Arzúa. O xurado valorará especialmente a creatividade. O cuarto premio elexirase por votación popular.

Remata o prazo de recepción de orixinais do Concurso de Carteis Anunciadores da 34ª edición da Festa do queixo de Arzúa, logo de terse presentado preto de 30 propostas.

Do día 10 ao 31 de xaneiro realizarase unha exposición de todos os carteis na Capela da Madalena de Arzúa. A elección dos premiados realizarase a finais de xaneiro de 2009, mediante a valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión “Festa do Queixo”, cun único voto por persoa, agás para o 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 11 de xaneiro, de 11.30 a 14.00 h na Capela da Madalena.

O xurado valorará de xeito especial a creatividade da arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia e o impacto visual publicitario dos carteis. A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da XXXIV edición.

O certame outorgará 4 premios nesta edición 2009, o primeiro, segundo e terceiro premio obterán unha dotación económica de 600, 300 e 150 euros respectivamente. Mentres que o cuarto premio, elixido en votación popular, obterá un agasallo especial da organización. Para a entrega de premios celebrarase un acto especial, que se incluirá no Programa Oficial da 34ª Festa do Queixo de Arzúa.

O Concello de Arzúa celebra tradicionalmente a Festa do Queixo de Arzúa na primeira fin de semana do mes de marzo, este ano dita celebración terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo.

Patricia Oubel (www. concellodearzua.org), 2009-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES