Notas de prensa

A Oficina de Cursos Internacionais coordina o aloxamento de estudantes

A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.

A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela coordina un programa de aloxamento en familias dos estudantes estranxeiros que tanto durante o verán como o resto do ano veñen a Santiago para participar nalgún dos cursos que organiza esta Oficina.

Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas e máximo de doce) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía.

As familias interesadas en acoller a estudantes estranxeiros poden contactar coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tel: 981-597035. E.mail: linguas@usc.es. ( Á atención de Lola Romero).


Gabinete de Comunicación da USC, 2009-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES