
O primeiro ano de vida do Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior Xan de Forcados da USC saldouse cun incremento da taxa anual de universitarios desprazados do 100% con respecto ao curso anterior, e a tendencia para este ano é que siga incrementándose.
A cifra presentouna o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, nunha rolda de prensa na que fixo balance do desenvolvemento do Programa ao tempo que presentou as novidades da convocatoria actual. Na presentación estivo acompañado do director da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso, e do coordinador de Relacións Exteriores da USC, Francisco J. Sanjiao.
O Programa Xeral de Mobilidade Xan de Forcados aglutina os convenios bilaterais e acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades alleas ao espazo europeo. Neste senso, o programa complementa o Programa de Aprendizaxe Permanente SOCRATES / ERASMUS desenvolvido pola Unión Europea para fomentar a mobilidade no espazo europeo e nos territorios limítrofes.
No relativo á mobilidade de docentes, fundamentalmente cara institucións de América, Asia e África, durante 2008 contabilizáronse dez bolsas para visitas preparatorias, doce estadías de profesores visitantes e outras dez para estadías no exterior. As previsións para 2009, apuntan a que incremento medio destas bolsas será do 50 por cento, xa que se agarda que o número de bolsas para visitas preparatorias chegue ás quince, con semellante cifra para os profesores visitantes. No caso das estadías docentes no exterior, estímase que un total de vinte profesores acolleranse a esta convocatoria.
A evolución é semellante no caso dos estudantes, xa que dos 377 recibidos no curso 2007/2008, ata o momento contabilízanse 427 no presente período académico, cun incremento do 13%, e agárdase que esta cifra en 2009/2010 se sitúe nos 500. Semellante evolución se rexistrou tamén no número de alumnos enviados, vinte e un o pasado curso, corenta e catro no presente e preto de cen para 2009-2010.
En opinión dos responsables do programa, o aumento do número de universitarios enviados relaciónase co incremento da dotación económica asignada ao programa, tanto para o desprazamento como pola posibilidade de dispoñer de matrícula gratis na universidade de destino, en boa medida polo apoio de Bancaja e a Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, o volume de alumnos recibidos amosa un incremento constante ao longo do tempo, fundamentalmente de estudantes procedentes de Iberoamérica, aínda que tamén doutras áreas xeográficas como Asia.
O Programa Xeral de Mobilidade
O Programa Xeral de Mobilidade Xan de Forcados permitiu reorganizar os instrumentos dispoñibles e incrementar a eficiencia das accións adoptadas tendo en conta a importancia de promover a mobilidade de todos os membros da comunidade universitaria.
Co fin de garantir o acceso ás convocatorias, a USC realiza un esforzo financeiro para dotar este programa de bolsas económicas, complementado coas achegas realizadas polas entidades colaboradoras deste programa. Neste senso, os estudantes poden acollerse ás bolsas subministradas pola Xunta de Galicia, as de Bancaja para a realización de estudos en Iberoamérica e outros países de fóra do EEES, e as bolsas do Banco Santander para estudantes predoutorais iberoamericanos que se despracen á USC.
Xan de Forcados
Ao outorgarlle ao programa o nome Xan de Forcados, a USC rende homenaxe á memoria do doutor Juan López Suárez (1884, O Saviñao 1970, Madrid), quen dende a Junta de Ampliación de Estudios e a Comisión de Estudios en Galicia actuou como impulsor de programas de mobilidade que concederon bolsas de investigación a mozos galegos que puideron así ampliar a súa formación e contribuír á mellora do ensino e da investigación.
No eido máis propiamente académico, Xan de Forcados destacou pola súa grande implicación na Junta de Ampliación de Estudios, impulsada en 1907 dentro do proxecto da Institución Libre de Enseñanza por José Castillejo, quen por outra banda era o seu cuñado. Grazas a ela, recoñecidas personalidades da vida cultural e intelectual galega puideron realizar estadías no estranxeiro cunha bolsa da que era unha das principais entidades da vida cultural española e que o alzamento militar truncou e reprimiu no 36. Foi entón, na Guerra Civil, cando Xan de Forcados axudou a moitos represaliados polo réxime franquista.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.