Un mar de piratas. A piratería marítima do século XXI é o nome da mesa redonda que promoven a Fundación Carlos Casares e o Concello de Ferrol no marco de actividades programadas ao abeiro do convenio suscrito por ambas entidades para este 2008. Así o avanzaba a edil de Cultura, Mercedes Carbajales, quen compareceu en rolda de prensa para dar conta desta nova en compañía da presidenta da dita entidade, Kristina Berg; do seu director, Gustavo Adolfo Garrido, e do coordinador da charla, Miguel Angel Fernández.
Así as cousas, a responsable das políticas culturais avanzou que reputados expertos e profesionais da seguridade marítima e do dereito internacional ofrecerán a súa visión sobre un dos fenómenos de maior actualidade estes días: os asaltos e secuestros de embarcacións. A charla terá lugar este venres a partir das oito do serán na sede da Fundación Caixa Galicia, con entrada libre e gratuíta para toda a cidadanía.
Máis polo miúdo, Miguel Angel Fernández explicaba que o obxectivo da Fundación Carlos Casares é seguir presente no eido cultural a través da organización de diversos actos. No caso da mesa redonda que se vai celebrar esta semana, o coordinador avanzou que xirará en torno a un tema candente, que afecta de cheo á sociedade na que vivimos e, especialmente, á galega: a piratería marítima. Neste liña, avanzou que se trata de ofrecer diferentes versións sobre este asunto complexo e moi relacionado co terrorismo. E, ao fío, apuntou a indubidable influenza que ten no Dereito Internacional Marítimo. Un dereito, dixo, que necesita certos retoques para adaptarse á sociedade actual.
Respeto dos relatores que van a intervir na mesa redonda, Fernández avanzou que se trata de reputados expertos e profesionais nesta cuestión. Así, estarán o ferrolán Andrés Breijo, capitán de navío e ata hai poucos días director da Célula de Coordinación da Unión Europea contra a Piratería no Índico. El será o encargado de afondar no tema dende o punto de vista militar. Tamén estará Julio Jorge Urbina, experto en Dereito Internacional Público e vicedecano de Programación Académica da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela no periodo 2005-2007. Foi, asemade, coordinador de diversas xornadas e seminarios de Dereito Internacional e cooperación internacional na ordenación de mares e océanos, ademáis de autor de numerosas publicacións. Abordará a problemática dende o punto de vista humanitario. E completan o cartel Jesús Saavedra España, capitán de Pesca e licenciado en Dereito, destinado actualmente no Corpo de Inspectores de Pesca Marítima.
Pola súa banda, tanto a presidenta e viúva de Carlos Casares, Kristina Berg, como o xerente, Gustavo Adolfo Garrido, quixeron agradecer a intensa colaboración do Concello de Ferrol dende a creación da Fundación Carlos Casares no ano 2002. Neste senso, Garrido destacou a estreita vinculación da dita entidade cultural coa cidade a través do falecido Carlos Casares, amigo persoal de Torrente Ballester e visitante asiduo á urbe naval.
Asemade e dentro do convenio de colaboración do Concello de Ferrol coa Fundación Carlos Casares, a sala de audiovisuais da Biblioteca Central acollerá o vindeiro 18 de decembro unha conferencia de Laura Tato sobre O Jofre e a historia do teatro en galego. A charla comezará ás oito do serán con entrada libre e gratuíta.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.