
Unha comisión de veciños de Arzúa está a preparar, para o domingo 30 de novembro, a que pretende ser unha grande homenaxe á cantante Ana Kiro, natural da parroquia da Castañeda, e dende hai anos, Filla Predilecta do municipio. Trátase dun xantar de confraternidade que se vai celebrar no Recinto Feiral Terra do Queixo (Multiusos), ás 13:00 horas. Deste xeito, quérese deixar constancia do recoñecemento da súa vila natal a unha muller que é unha das mellores embaixadoras de Arzúa, posto que sempre fixo gala do seu concello e localidades de orixe, levando o nome da vila por medio mundo.
As entradas para poder asistir ó xantar pódense mercar en tódolos bares de Arzúa e na librería Picariños. Teñen un prezo de 28; parte desa cantidade vai destinada a sufragar os agasallos que serán entregados a Ana Kiro no transcurso desa comida. Para os que non se poidan achegar a mercalas, xa que dita homenaxe está aberta a todo aquel que queira participar, a organización habilitou unha conta en Caixa Galicia, onde tamén se poden reservar eses pases, ademáis de no número de teléfono e fax 981 500 069. O número de conta é o 2091 0369 91 3040037621.
Ademais da presenza de Ana Kiro, está previsto que moitos personaxes amigos e compañeiros da artista a acompañen nesa data. A isto hai que sumar a colaboración de numerosas entidades culturais de Arzúa, que amenizarán a xornada coas súas interpretacións. O obxectivo é acompañar á artista na súa recuperación e facerlle sentir o calor dun pobo que lle está agradecido por todo o que representa a carreira desta muller.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.