Notas de prensa

Matemáticas acolle unha mostra da evolución histórica do cálculo nos séculos

A Facultade de Matemáticas organiza a exposición Brevísima historia: de como aprendemos a contar e os aparellos empregados coa que propón unha aproximación á evolución do cálculo e dos medios para facelo ao longo dos séculos.

Aínda que as calculadoras e os ordenadores son elementos
cotiás da sociedade actual, a necesidade de realizar cálculos cada día
máis complexos obrigou a unha constante evolución neste eido. Partindo
deste premisa, a Facultade de Matemáticas organiza a exposición
‘Brevísima historia: de como aprendemos a contar e os aparellos
empregados’ coa que propón unha aproximación á evolución do cálculo e
dos medios para facelo ao longo dos séculos.

A apertura da mostra ao público tivo lugar este xoves cun acto de
inauguración no que interviñeron a subdirectora xeral de xestión do
Plan Gallego de I+D+i 2006-2010, Xulia Guntín; o decano do centro,
Juan Manuel Viaño; o director do Instituto de Matemáticas, Juan J.
Nieto; a integrante do comité organizador da mostra, a profesor María
Elena Vázquez; e o coautor do material da exposición, José Tomás Area
Otero.

NotaPatrocinada pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación
e Industria a través de Diverciencia, a mostra forma parte das
actividades da Semana da Ciencia e, unha vez que remate, percorrerá
distintos centros de ensino de Galicia que solicitaron acollela. As
persoas interesadas en acadar máis información sobre esta exposición
poden visitar a web http://www.usc.es/mate/05actividades/aparellos.htm.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES