
Recorrido xa o Camiño do Norte, esta Oficina informativa itinerante está visitando as poboacións do Camiño Inglés, a vía utilizada polos peregrinos que desde hai centos de anos entraban polas costas do occidente galego para chegar á Capital compostelana.
Dúas eran as cidades que constituían o punto de partida dentro de Galicia: A Coruña e Ferrol. Desde os portos destas cidades fluía unha corrente de peregrinación a Compostela, que se xuntaba en Bruma para nun solo camiño dirixirse a Santiago.
A Oficina itinerante ten visitado Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Cambre, e outras diversas localidades. Aínda que só se mencionan puntos específicos, pola versatilidade desta oficina, téñense efectuado paradas informativas nos diversos núcleos habitados da ruta.
Mesmo en cada localidade cámbiase frecuentemente de localización co fin de proporcionar unha máis completa atención ó público facilitando información sobre os Camiños.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.