Notas de prensa

Curso de deseño gráfico

Está promovido polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.

Na sociedade actual o tempo libre adquire unha importancia destacada, tanto pola súa extensión como pola súa ambivalencia, na que se fai efectiva a presenza de ocios ausentes (aburrimento), ocios nocivos (comportamentos asociais, consumo de drogas...) ou ocios socioeducativos, os cales contribúen ó desenvolvemento integral dos cidadáns. Neste senso, estudos actuais confirman a relación entre os espazos recreativos de ocio e o consumo de drogas, covirtíndose así en obxecto de la intervención preventiva. Esta iniciativa formativa pretende destacala importancia de desenvolver actuacións preventivas entorno ós círculos de interese dos máis novos.

Así, o Servizo de Prevención de Drogodependecias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, tendo en consideración o interese e a motivación que espertan na mocidade as novas tecnoloxías e asumindo a natureza educativa do ocio, presenta o primeiro “Curso de deseño gráfico”, dirixido á poboación comprendida entre os 12 e os 18 anos.

Características do curso:

O “Curso de deseño gráfico” de 20 horas de duración, pretende conformarse como unha alernativa de ocio saudable totalmente gratuita dirixida aos mozos e mozas dos tres concellos con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

As preincricións realizaranse no Servizo de Prevención de Drogas no seguinte horario: No Concello de Rábade o Servizo sitúase no Centro Médico da Praza do 28 de Maio, estando aberto de martes a xoves en horario de 9 a 14:00 horas, e os luns e venres desde as 9 ata as 11 horas. Así mesmo, as preinscricións poderanse cubrir en Outeiro de Rei os luns de 11:30 a 14:30 horas, e en Begonte os venres de 11:30 a 14:30 horas.

O lugar de impartición será a AFER (Centro de Formación Academia Fernández), situada na Rúa Alcalde Penas, 9 de Rábade.

Esta actividade levarase a cabo durante o mes de novembro, polo que as preincricións realizaranse ata 30 de outubro, data na que haberá unha reunión no Centro Sociocultural de Rábade ás 17:30, para acordalos días e o horario que mellor se adapte ás necesidades da poboación destinataria.

As prazas son limitadas polo que se respectará a orde de inscrición.

Servizo de Prevención de Drogodependecias dos concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte, 2008-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES