
A Universidade de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) convocan a primeira edición do Premio Bianual de Investigación Histórica Domingo Fontán, segundo o convenio marco asinado este luns 20 en San Xerome polo reitor Senén Barro e o presidente da Real Sociedad, Juan B. de la Salle Barreiro Pérez.
A este premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período emotivo da creación desta sociedade.
Cunha dotación de 2.000 euros de premio para a obra gañadora así como a súa publicación, á convocatoria poderán presentarse traballo inéditos, coleccións de traballos parciais ou artigos científicos xa editados, sempre que non supoñan unha recopilación. Estarán redactados en calquera das catro linguais oficiais do Estado cunha extensión de entre 75 e 500 folios en Din A-4.
O premio está orientado a persoal investigador, investigadores en formación ou posgraduados, debendo para elo presentar os seus traballos antes do 30 de setembro de 2009 na RSEAPS (Praza Salvador Parga, 4-2º. 15704 Santiago). O ditame da convocatoria darase a coñecer en decembro de 2009 por un xurado que conformarán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, a decana da Facultade de Xeografía e Historia, o director do Departamento de Historia Económica da USC, e o presidente e o secretario da RSEAPS.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.