
Unha oficina itinerante de Brandán Comunicación recorre o Camiño Norte a Santiago de Compostela, en campaña promovida por esta Axencia de comunicación en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Esta oficina itinerante informa sobre a presencia dos diversos camiños de Santiago en Internet, precisamente nos puntos máis importantes destes camiños en Galicia. Infórmase ó público nesta instalación itinerante sobre a información que na Rede se pode consultar en relación coas rutas a Compostela, destacando a páxina correspondente á Sociedade de Xestión do Xacobeo e a información contida no portal www.caminosasantiago.es, dentro da plataforma en internet www.galiciadigital.com.
A oficina ten visitado Vegadeo en Asturias, como punto de entrada do camiño Norte en Galicia, e logo estivo aberta en Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín e Vilalba, como puntos máis destacados desta ruta a Compostela que canalizaba o fluir de peregrinos procedentes do norte de España e de diversos pobos de Europa a través dunha ruta que deixando a zona costeira, cruzaba as difíciles terras de Mondoñedo e entraba por Abadín na ampla Terra Chá luguesa para rematar en Arzúa, entroncando nesta cidade co Camiño Francés que viña desde Roncesvalles un millón de pasos- ata Compostela.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.