Notas de prensa

O reitor da USC recibiu aos gañadores do Certame de Novos Investigadores 2008

O Colexio de San Xerome acolleu o acto de recepción do reitor da USC aos estudantes gañadores do Certame Novos Investigadores convocado pola Secretaría de Estado de Univrsidades e Investigación.

O reitor da USC, Senén Barro, recibiu no Colexio de San Xerome aos estudantes gañadores do Certame de Novos Investigadores 2008 convocado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación. Alejandro Rivero de Aguilar Bernardo conseguiu, por primeira vez para Galicia, o Premio Mención Especial do Xurado, mentres que Sara Bernández Noya fíxose co primeiro premio na área de Ciencias da Terra e da Vida.

No encontro, estiveron acompañados polo decano da Facultade de Medicina, José M. Fraga Bermúdez; pola vicedecana da Facultade de Bioloxía, Mª Luz González; polo director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; e pola profesora deste centro de secundaria, Rosario García-Echave, esta última merecedora tamén do primeiro premio como coordinadora de proxectos.

Ambos os dous estudantes do Instituto Rosalía de Castro, na actualidade Alejandro Rivero de Aguilar cursa 1º curso da Licenciatura en Medicina, mentres que Sara Barnárdez iniciou estudos na Facultade de Bioloxía. Ademais, Rivero de Aguilar foi o alumno galego de secundaria que na pasada convocatoria alcanzou a nota máis alta nas probas de acceso á universidade.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES