
O grupo de investigación Viroloxía Molecular e Estrutural, dirixido
polo catedrático Francisco Javier Benavente e o profesor José Manuel
Martínez Costas, realiza a caracterización molecular dos reovirus
aviares para crear vacinas contra a artrite e problemas de absorción
dos alimentos nas aves. Non obstante, as achegas non rematan aquí,
apunta Benavente, que resalta que os mesmos virus son posibles
axentes anticancro.
O catedrático lembra que outros grupos de investigación demostraron as
propiedades antitumorais dos seus homólogos de mamífero e xa se están
realizando ensaios preclínicos. Semella que ambos virus destrúen as
células canceríxenas sen afectar ao resto do organismo, explica o
responsable do proxecto.
No futuro, as achegas poderán dar lugar á creación de vacinas para
tratar o cancro en seres humanos, o que sería útil na loita contra
esta doenza, comenta Benavente.
Este traballo de investigación básica céntrase na caracterización
biolóxica do reovirus aviar para coñecer a súa estrutura, composición
dos xenes e proteínas xunto coas alteracións que induce nas células
infectadas. O estudo é relevante pois, como o catedrático indica,
enfermidades como a artrite afectan ás aves e, por conseguinte,
causan grandes perdas económicas na industria avícola.
Descubrimentos patentados
O grupo tamén está a patentar un sistema para detectar as interaccións
entre proteínas no interior da célula baseado na expresión dunha delas
do reovirus aviar. Tratase dun sistema moi simple e de baixo custe,
polo que pode ser una boa alternativa a outros métodos que se utilizan
na actualidade.
Sobre a data de remate da investigación, Benavente subliña que o
estudo dun virus nunca se acaba porque canto máis descobres, máis
cuestións interesantes xorden por resolver.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.