A Federación do ensino de CCOO de Galicia non pode máis que denunciar a situación que se está a dar nos centros de ensino galegos logo das adxudicacións de destinos provisionais de docentes para o curso 2008/2009. A falta de rigor ou a incompetencia da Consellería de
educación e O.U. da Xunta de Galicia está a provocar graves disfuncións nos centros educativos galegos:
1.- O PROFESORADO DE CONSERVATORIO NON PODE RECLAMAR.
Ao Profesorado de Conservatorios adxudicóuselles destino directamente na adxudicación definitiva limitándolles a posibilidade de reclamar na adxudicación provisional e lesionando os seus dereitos.
2.- PROFESORADO EN PRÁCTICAS SEN DESTINO.
O profesorado que superou o pasado concurso oposición atópase agora con que a Consellería non lles adxudica destino realizar a fase de prácticas, requisito imprescindible para ser nomeados funcionarias/os de carreira. No momento de negociar a oferta de emprego presentada pola Consellería, CCOO insistiu en que respondese a unha planificación educativa axeitada e realista coa situación do ensino en Galicia. Logo desta situación semella que a Consellería non é capaz de xestionar os seus recursos e necesidades de persoal.
3.- MAIS CENTROS ADSCRITOS PARA AS ORIENTADORAS/ES.
As orientadoras/es que participaron na elección de destinos provisionais para o curso 2008/2009 atópanse agora con que o número de centros adscritos á súa praza modifícase ostensiblemente á alza e en nada se semellan ao ofertado. Mesmo parece que a austeridade presupostaria chega ao ensino galego en detrimento dun ensino público de calidade e coas repercusións laborais que supón. Esta situación xa foi
denunciada por CCOO, sindicato que nunca apoiara este tipo de políticas apostando sempre por uns servizos públicos de calidade.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.