Notas de prensa

O buque Hespérides participa na campaña DIVA-Artabria II (2008)

O obxectivo principal desta campaña promovida desde a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, da USC, é o estudo da biodiversidade en fondos profundos para facer unha estimación real de especies.

O obxectivo xeral e principal da campaña DIVA-Artabria II (2008)
comprende o estudo da biodiversidade en fondos profundos, co fin de describir a biodiversidade, contribuír a unha estimación real do número de especies que viven nos fondos batiais de Galicia e como se distribúen en función da profundidade e do tipo de substrato.

A campaña DIVA-Artabria II (2008) para o estudio dos fondos profundos de Galicia, estará dirixida, como Xefe de Campaña, por Victoriano Urgorri, catedrático da USC e Director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña. De Subxefe de Campaña irá o
investigador ferrolán Guillermo Diaz-Agras da Estación de Bioloxía Mariña da Graña. O traballo a bordo o realizarán tres equipos, en quendas de 6 horas, dirixidos polos investigadores: Juan Moreira, Eva Corral e Antonio P. Cribeiro, respectivamente da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, do Departamento de Zooloxía da USC e do Aquarium Finisterrae.

En total embarcarán 32 científicos procedentes dos Departamentos de Zooloxía, Ecoloxía e Bioloxía Vexetal das Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Sevilla e Autónoma de Madrid, do Aquarium Finisterrae, do Zoologische Staatssammlung de Munich (Alemania) e do Deutsches Zentrum für Marine
Biodiversitätsforschung de Wilhelmshaven (Alemania).

A Campaña desenvolverase entre o 15 de setembro e o 1 de outubro, embarcando os científicos no Hespérides o día 13 no porto de Coruña e desembarcado o 1 de outubro no porto de Vigo.

A investigación da EBMG nos fondos profundos de Galicia iniciase no ano 2001, no que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia aprobou o proxecto: “Diversidade latitudinal nos fondos profundos do Océano Atlántico (DIVA)” que financiou a realización de dúas campañas (DIVA-Artabria I, 2002 e 2003) en fondos profundos batiais do noroeste de Galicia, entre 100 e 1000 m de profundidade. No ano
2004, realizouse unha terceira campaña (Vertidos 04) ao abeiro dun proxecto sobre o impacto do Prestige.

No ano 2004 o entón Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (hoxe Ministerio de Ciencia e Innovación) aprobou o proxecto: Diversidade latitudinal nos fondos profundos do Océano Atlántico (DIVA): Biodiversidade e distribución batimétrica (100-2000 m) no NW das costas de Galicia, no que se contemplaba a realización da Campaña DIVAArtabria II no 2005. A falta de dispoñibilidade de barcos retrasou ata o 2008 a campaña, que agora vaise realizar a bordo do buque oceanográfico HESPÉRIDES.

Estes proxectos e as súas correspondentes campañas están deseñados para a cooperación dun amplo número de científicos, de diferentes institucións nacionais e estranxeiras, para o estudo da biodiversidade coa fin de estimar o número de especies que viven nestes fondos e describir especies, descoñecidas, novas para a Ciencia.

Estes científicos especialistas no estudo da fauna mariña, pretenden coñecer en que medida especies, xéneros e familias dos distintos grupos taxonómicos recollidos, se distribúen en función de un dos parámetros de maior influencia na vida bentónica, a profundidade, que a súa vez comporta a variación dunha serie de factores físicos
(ausencia de luz, altas presións, temperaturas moi baixas, hidrodinamismo, etc).

En consecuencia, preténdese desenvolver unha información fundamental do coñecemento dos grupos taxonómicos máis representativos que permitan establecer gradientes de distribución batimétrica co obxecto de comparar a fauna en diferentes latitudes. É preciso non esquecer que os fondos profundos son o medio máis extenso da superficie da Terra e sen embargo o máis descoñecido.
Con esta campaña DIVA-Artabria II continúase o estudo da biodiversidade, distribución e variabilidade batimétrica dos especies zoolóxicas nos fondos profundos de Galicia comezada inicialmente nas campañas Cangrexo 1991 e de forma continuada coas DIVA-Artabria I 2002 – 2003, Vertidos 2004 e A Selva 08.

De feito o equipo investigador, quen tamén realizou parte da Campaña A Selva 08 o pasado mes de xullo, xa lle foi concedido, no 2007, outro proxecto aprobado pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia
para realizar outra campaña no 2009 a bordo do Sarmiento de Gamboa.

A campaña Diva-Artabria II (2008) a bordo do B/O HESPÉRIDES, realizará as mostraxes nos fondos profundos da costa oeste de Galicia, pretendendo, no plan de campaña, tomar mostras con dous tipos de dragas en 30 estacións, entre 250 e 3000 m de profundidade ao oeste de Galicia.

Non obstante, o número de mostras diarias variará en función do estado do mar, do éxito dos lances e da profundidade de traballo. Pola experiencia xa adquirida sábese que os fondos serán de substrato brando con lodos bioxénicos de globixerinas e de substrato duro de costras carbonatadas, pedras e rochas cubertas de corais. As mostraxes, o tratamento de separación previa da fauna e a fixación das mostras realizarase a bordo nos laboratorios húmidos e secos cos que conta o Hespérides.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña (USC), 2008-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES