Notas de prensa

Arqueólogos da USC documentan a presenza de neandertais en Galicia

Membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC atoparon ferramentas típicas destes homínidos na Cova Eirós, situada no concello lucense de Triacastela.

Membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC atoparon o primeiro xacemento en cova no que se documenta de maneira sistemática a presenza de Neandertais en Galicia. Traballaron con investigadores do Institut Catalá de Paleocologia Humana i Evolució Social de Tarragona na Cova Eirós, situada no Concello lucense de Triacastela, onde descubriron restos de máis de 35.000 anos, adscritos polo tanto ao Paleolítico Medio.

Dirixida polos arqueólogos Talía Lazuén, Xose Pedro Rodríguez e Arturo de Lombera, a campaña proporcionou restos de artefactos que, segundo as súas características técnicas, se localizan no período no que viviron os Neandertais. Este achado converte á Cova Eirós nun dos principais xacementos do Paleolítico Medio do noroeste peninsular, xa que xunto coa utillaxe de pedra tallada se conservan numerosos restos de fauna prehistórica que proporcionarán información moi valiosa sobre o contorno ambiental e a vida destes humanos primitivos. Ademais, noutra zona da escavación descubriron outros restos líticos do Paleolítico Superior, relacionados cos Homo sapiens, humanos modernos.

O equipo tamén xuntou vestixios de animais (cérvidos, bóvidos, osos e varias especies de carnívoros) que, xunto con mostras de carbóns e poles, facilitarán a reconstrución do tipo de clima, fauna e vexetación que existía nese lugar. Do mesmo xeito, os resultados da investigación achegarán os modos de vida cotiá destas comunidades a través do estudo das estratexias de caza e consumo da fauna do contorno.

Comparar distintas épocas

Xunto con estes descubrimentos, a proximidade doutros xacementos do Paleolítico Superior Inicial (Cova da Valiña, Castroverde) ou Final (Valdavara, Becerreá) posibilita a comparación entre os modos de vida dos neandertais e os Homo sapiens. No futuro, mostrarán con maior precisión a complexidade social e evolución das súas tecnoloxías, medio ambiente e estratexias de subsistencia ao longo dos últimos 50.000 anos.

Se ben hai outros xacementos adscritos ao paleolítico medio na cunca do Miño, como A Piteira (Ourense) e A Barreira (Pontevedra), a acidez do solo galego neste lugar permite que unicamente se conserven aquí as súas ferramentas líticas. Ademais, o achado de materiais orgánicos facilita coñecer con maior precisión o medio onde se desenvolveron os homes de Neanderthal e as súas estratexias de subsistencia e explotación do territorio.

A intervención desenvólvese dentro do proxecto de investigación do Ministerio de Educación y Ciencia ‘Ocupacións Humanas durante o Pleistoceno da cunca media do Miño’ que coordina o Departamento de Historia I da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, contou co apoio do Concello de Triacastela e a empresa Cosmos.

Xa a comezos dos noventa, a Cova Eirós foi unha referencia na paleontoloxía galega debido aos traballos feitos dende a Universidade da Coruña que levaron á descuberta de numerosos restos de oso das cavernas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES