Notas de prensa

1.800 persoas participan no programa de visitas Km0

A Ribeira Sacra e A Mariña son os destinos máis solicitados das 89 rutas deste programa de visitas institucionais, pioneiro en España, promovido pola Deputación Provincial de Lugo, o que según o seu presidente manifesta o desexo de coñecer esta provincia galega.

A Deputación de Lugo pon en marcha o martes 2 de setembro o programa de visitas institucionais e de interese provincial “Kmo. Deputación de Lugo”, unha iniciativa pioneira en España que ten entre os seus obxectivos promocionar a provincia entre os propios lucenses e abrir as portas da institución ós veciños para que coñezan o traballo que realiza. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este luns que desde que “presentamos o programa en xuño e puxemos en marcha a recepción de solicitudes, a resposta foi impresionante e inmediato: 1.769 persoas formalizaron a súa inscrición. Hoxe estamos en condicións de dicirlles que os meses de setembro e outubro están totalmente cubertos e que xa se pecharon solicitudes para 2009, concretamente para os meses de febreiro, abril, xuño e xullo”.

O Presidente provincial afirmou que “a este ritmo se están a cumprir con creces as previsións que adiantaramos. Aproximadamente van participar ó ano preto de 6.000 persoas pertencentes a todo tipo de colectivos da provincia, tendo en conta que as visitas comezan no mes de setembro e, nesta primeira etapa, rematarán en xullo de 2009”.

Gómez Besteiro anunicou que arrinca este programa cunha visita á Ribeira Sacra dun grupo de 36 persoas pertencentes ó Club Cultural Valle-Inclán. A visita complemantaria será ó Centro de Artesanía e Deseño.

Pioneiro en España

“Km0. Deputación de Lugo” é un programa pioneiro en España que, malia que aínda vai comezar en setembro, xa despertou a curiosidade e atención en varios puntos de España. “Proba disto é que xa se puxeron en contacto con nós desde outras institucións como a Deputación de Barcelona ou medios de comunicación de Madrid, Oviedo e Andalucía, para interesarse sobre o desenvolvemento do mesmo”.

O titular provincial lembrou que esta iniciativa é totalmente gratuíta para os participantes e que ten 3 obxectivos claros: “abrir as portas da Deputación de par en par para dar a coñecer ós lucenses o traballo do organismo provincial; potenciar a economía provincial e poñer en valor os nosos recursos naturais, empresariais e comerciais grazas ás 89 rutas que ofrecemos; e fomentar o orgullo de ser lucense porque non hai que esquecer que valoramos o que coñecemos”.

O título do programa simboliza o papel da Deputación, que quere servir de punto de partida, de km0 para dar a coñecer todos os municipios de Lugo.

Perfil dos solicitantes

A maioría das solicitudes recibidas ata o de agora son de particulares, é dicir, de veciños que se agruparon para poder organizar unha visita institucional e de interese pola nosa provincia. Outras proceden de asociacións da provincia. A porcentaxe actual das solicitudes é dun 55% de grupos de particulares e un 45% de asociacións da provincia –moitas delas derivadas dos Concellos ós que pertencen-. Os primeiros veciños que solicitaron participar procenden concretamente de Castroverde, Friol, Lugo, Vilalba, Sober, Monterroso, Foz, Meira, Sarria e Castro de Rei.

Ademais, hai moita xente que realiza a reserva personalmente na propia Deputación, solicitando nalgúns casos máis dunha ruta e con preferencia, nestes momentos, polo mes de setembro.

O perfil do solicitante é dun xubilado ou persoa de mediana idade, aínda que se agarda que as solicitudes aumenten co inicio da etapa escolar no que comezarán colexios, institutos, etc.

Rutas con máis éxito

En canto ás preferencias dos solicitantes, Gómez Besteiro apuntou que “a maior parte das reservas están dirixidas á zona da Ribeira Sacra, seguida da Mariña Luguesa. Polo que respecta ás visitas complementarias inclínanse polo Centro de Artesanía e Deseño, Mazo de Santa Comba, Insua de Burneiros e Casa Grande da Fervenza, Granxa Gayoso Castro, Terras do Miño, INLUDES, Fundación TIC, Centro de Interpretación Terras do Miño e Oleiría de Bonxe”.

Percorrido das visitas

As visitas, que serán os martes, mércores e xoves de cada semana, comezan coa recollida no lugar de orixe dos visitantes, recepción na Deputación e saúdo do Presidente coa explicación sobre o itinerario a realizar e entrega de material promocional e obsequios, visita complementaria á ruta elexida, que pode ser calquera organismo ou centro dependente da Deputación, realización do itinerario provincial e, por último, regreso ó lugar de orixe.

O proxecto conta cun orzamento inicial de 120.000 euros. Está integramente organizado pola institución provincial. A Deputación faise cargo dos desprazamentos e dos gastos que se ocasionen como autobús ou microbús, visitas guiadas e acompañamento por persoal cualificado, almorzo, xestións, seguros, etc. Tres departamentos están implicados de forma directa nesta iniciativa: Protocolo, Medio Ambiente e Comercio.

Visita de demostración

A continuación da rolda de prensa, o Presidente da Deputación, acompañado de varios representantes dos medios de comunicación, desprazouse nun dos microbuses de Km0 ata o Mazo de Santa Comba, que é unha das 89 rutas incluídas no programa. Gómez Besteiro fixo un percorrido dunha hora polo conxunto etnográfico no que se fixo unha demostración da utilidade histórica que tiveron estas instalacións.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Ãlvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES