O responsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou unha exposición colectiva de 5 artistas lucenses que estará aberta ata o vindeiro 31 de agosto no Museo de Lugo. Esta mostra que leva por título A Pel dos Sentidos reúne obras de Antía Moure, Laura Pernás, Mar Vicente, Ernesto González Torterolo e Nachok.
Antonio Veiga destacou a importancia de que un artista xa consolidado, como é Caxigueiro, fose o encargado de comisariar esta mostra de novos valores emerxentes da arte lucense dende a Área de Cultura temos o ánimo de potenciar aos novos artistas pero é moi importante contar coa colaboración de artistas consagrados que avalen, coa súa experiencia, a calidade dos traballos que se van a expoñer. Veiga lembrou aos asistentes o empeño do goberno da Deputación, e concretamente da área de cultura, por facer do museo de Lugo un espazo vivo e aberto, no que os artistas lucenses atopen un escenario propicio para achegar á cidadanía as súas creacións sen trabas nin cortapisas.
O autores das obras que conforman a exposición A Pel dos Sentidos son: Ignacio Castro (1974), Antía Moure (1981), Laura Pernás (1979), Ernesto González (1974), Mar Vicente (1979). Ademais de participar nesta exposición tres destes artistas, Ignacio, Ernesto e Laura, teñen obras expostas na exposición coñecida como proxecto Abertal que recolle a obra de 99 artistas lugueses e que estará aberta no Museo de Lugo durante a celebración do 75 aniversario.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.