Notas de prensa

Caixa Galicia aporta 100.000 euros ao centro asociado da Uned en Lugo

Caixa Galicia, a través da súa obra social, fará unha achega total de 235.000 euros para financiar as actividades necesarias para o funcionamento deste centro que comezará a súa andaina o curso 2008-2009 e que contará, segundo fontes da UNED, cona máis de un milleiro de alumnos.

O director do centro asociado da UNED en Lugo José Luis Arroyo e o director territorial de Caixa Galicia, Walter Álvarez, asinaron o convenio de colaboración mediante o cal a entidade galega colaborará para a creación e posta en marcha do novo centro da UNED en Lugo. Neste acto estiveron presentes, ademais dos representantes das institucións asinantes, o alcalde de Lugo na súa calidade de presidente do padroado e o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, na súa calidade de vicepresidente do padroado.

Caixa Galicia, a través da súa obra social, fará unha achega total de 235.000 euros destinados a financiar as actividades necesarias para o funcionamento do centro asociado de Lugo, que comezará a súa andaina o vindeiro curso 2008-2009 e que contará, segundo fontes da UNED, cona máis de un milleiro de alumnos. O convenio de colaboración entre Caixa Galicia e a UNED permanecerá vixente ata o 31 de marzo de 2011. A UNED recibirá da entidade financeira galega, antes do remate do 2008, un total de 100.000 euros para apoiar a creación do centro e para a realización de actividades. Nos anos 2009 e 2010 Caixa Galicia aportaralle a UNED 75.000 e 60.000 euros respectivamente.

Antón Bao asistiu a esta xuntanza en calidade de vicepresidente do padroado e manifestou a súa satisfacción polo feito de que unha das entidades financeiras galegas con maior implantación en Lugo aposte dun xeito decidido por apoiar proxectos educativos que revertan na formación da sociedade lucense. Segundo Antón Bao “a colaboración de esta entidade financeira galega é fundamental para que o centro da UNED sexa unha realidade en Lugo” o vicepresidente da Deputación tamén fixo referencia a disposición de Caixa Galicia á hora de colaborar coas institucións para a programar actividades tanto no eido cultural, deportivo ou social.


Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2008-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES