
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou con Cheché Real, o presidente da Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo unha campaña promocional de achegamento da nosa cultura e dos lugares turísticos de referencia aos turistas que se achegan á nosa provincia.
Ao longo destes meses repartiranse ao longo de toda a provincia de Lugo 200.000 baixo pratos entre os establecementos de hostalaría onde se promocionarán os lugares turísticos de interese e os museos pertencentes á Rede Museística Provincial.
O vicepresidente da deputación resaltou o papel que deben xogar este tipo de iniciativas para impulsar que mais visitantes coñezan a provincia de Lugo na súa totalidade e non só a cidade e que ao mesmo tempo coñezan a riqueza patrimonial que esconde unha provincia como a nosa.
Ao mesmo tempo puxo de manifesto que neste ano onde o Museo Provincial está de 75 aniversario tense que dar a coñecer esta efeméride e difundila a través da hostalaría lucense. Do mesmo xeito que se amosan aos visitantes da nosa provincia os atractivos turísticos que representan os museos pertencentes á Rede Museística Provincial.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.