
O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC, en colaboración cun equipo da Universitat catalá Rovira i Virgili, atoparon os primeiros obxectos de adorno do noroeste peninsular na Cova de Valdavara, situada no Concello lucense de Becerreá.
Os achados dos investigadores do Departamento de Historia I da USC refírense a varios elementos de colar feitos sobre cunchas de Dentalium e un molusco de orixe mariña, o que os converte na evidencia máis antiga do adorno persoal no noso país, segundo explica o responsable da investigación, o catedrático da USC Ramón Fábregas.
Os arqueólogos escavaron nos dous últimos anos unha pequena cavidade kárstica no concello de Becerreá que proporcionara o ano pasado abundantes restos do Paleolítico Superior, logo datados mediante o Carbono 14 nuns 17.000 anos de antigüidade, convertendo a cova no xacemento arqueolóxico do Paleolítico Superior máis antigo de Galicia segundo este método de cronoloxía absoluta.
Ata agora só se coñecía na categoría de adornos nesta área peninsular o colgante pétreo de Férvedes II (Lugo) atribuído, pola súa asociación co conxunto lítico, tamén ao período Magdalenense. En total, xa se levan recuperados sete pequenos Dentalium que se suman aos 31 atopados en toda a Cornixa Cantábrica.
Redes de comunicación e troco
A presenza destes colgantes implica a existencia de redes de comunicación e troco entre o interior das montañas lucenses e a beiramar e pon de manifesto a relación destas comunidades con outras zonas da Cornixa Cantábrica, onde foron atopados Dentalium como elemento de adorno noutros xacementos do Magdalenense inferior e medio (Cueva del Mirón, La Garma, Las Caldas ou Tito Bustillo).
Nesta intervención tamén se recuperaron restos de ferramentas líticas, feitas principalmente en sílex, útiles óseos (puntas de azagaias) e restos de fauna que permiten estudar con profundidade o modo de vida dos poboadores paleolíticos así como a reconstrución da fauna e o ambiente nas cavidades da parte oriental de Galicia hai 17.000 anos.
A intervención, na que tamén participan investigadores estadounidenses da Universidade Estatal de Arizona, desenvólvese dentro do proxecto de investigación do Ministerio de Educación y Ciencia Ocupacións Humanas durante o Pleistoceno da cunca media do Miño.
Nesta campaña de verán, na que foron responsables os arqueólogos Manuel Vaquero e Susana Alonso, continúan as sondaxes iniciadas o ano pasado na Cova de Valdavara coa escavación dun nivel adscrito ao Magdalenense.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.