
O Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, presentou na casa da Cultura de Ames, xunto ao alcalde deste municipio, Carlos Antonio Fernández Castro, O avó de Paulo, un xogo multimedia educativo promovido pola Secretaría Xeral de Emigración que ten coma obxectivo fomentar a reflexión e o cambio de actitudes nos máis cativos fronte o fenómeno da inmigración.
Durante o acto de presentación, no que estiveron moitos dos rapaces que están a participar nas escolas de verán do concello de Ames, o Secretario de Emigración subliñou que as escolas da maioría das nosas cidades e vilas configuran unha realidade da que xa forman parte nenas e nenos de orixe, relixión e cultura moi diversas, sendo precisamente este Concello de Ames un dos expoñentes mais claros desa interacción cultural que estamos a vivir en Galicia facendo referencia ao feito de que Ames é un dos concellos de Galicia que, proporcionalmente, conta con maior número de inmigrantes entre os seus veciños.
Manuel Luís Rodríguez tamén destacou que a educación intercultural é unha aposta clave para o presente e o futuro da nosa sociedade, polo que é imprescindible potenciar actividades como o xogo O Avó de Paulo, que invita á reflexión, ao encontro e ao traballo neste eido, ao mesmo tempo que prepara á sociedade para unha convivencia harmónica, engadindo neste caso un compoñente de presente e de futuro como é a interactividade no eido das novas tecnoloxías.
Por último cualificou coma un reto a construción dunha nova cidadanía activa e intercultural xa nesta xeración á que pertencen estas nenas e nenos e confío que entre todas e todos academos un espazo de referencia grazas ás aportacións que cada día estamos a facer, enfrontando os retos da integración como base imprescindible para lograr unha perfecta convivencia.
O Avó de Paulo conta a historia dun rapaz natural de Brasil que ven vivir a Galicia onde descubrirá que o seu avó era galego. Paulo decide poñerse na procura do seu antepasado iniciando así unha viaxe que lle levará a descubrir que aqueles aspectos que nos fan a todos diferentes son en realidade elementos enriquecedores para calquera sociedade na que estea presente a multiculturalidade.
Os rapaces alí presentes tiveron a oportunidade de aprender o funcionamento do xogo, que lles foi explicado por un dos integrantes da empresa Imaxin Software, encargada do deseño e desenvolvemento de O Avó de Paulo que a partires de hoxe pode descargarse da páxina Web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.