
Investigadores de Química Orgánica, Bioloxía e Medicina da
USC, dirixidos polo doutor Eugenio Vázquez e o catedrático José Luis
Mascareñas, desenvolveron un sensor molecular para detectar as
ciclinas A, proteínas que aparecen altamente concentradas en moitos cancros. Mascareñas indica que na actualidade existe un grande interese na elaboración de métodos de detección e localización de marcadores tumorais que permitirían o diagnóstico temperá da enfermidade.
O sensor é unha estratexia química que emite luz (fluorescencia)
soamente cando se une á devandita proteína, pero non o fai coas outras no medio celular, sinalizando así a presenza concentrada de ciclinas A.
Aínda que é cedo para falar sobre a súa aplicación en ensaios
clínicos, os investigadores advirten da súa posible relevancia
práctica. Isto levou ao equipo a protexer o descubrimento cunha
patente xa que, ademais do interese en relación coa posibilidade de
detectar as ciclinas, o método pode facilitar a creación de novos
fármacos que actúen como inhibidores da actividades desta proteína
directamente implicada na regulación dos procesos de proliferación
celular.
O equipo de investigación
O catedrático destaca que o éxito do proxecto constitúe un exemplo claro do valor engadido de traballo interdisciplinario entre grupos con capacidades e experiencias complementarias, neste caso entre un equipo de química e un de bioloxía celular.
O traballo levouse a cabo co apoio do profesor Anxo Vidal, do
Departamento de Fisioloxía da USC, e coa participación da doutoranda do Departamento de Química Orgánica, Elena Pazos, responsable directa da construción experimental do sensor molecular. Tamén destacou a colaboración do profesor Luis Castedo.
Os resultados do estudo publicaranse nunha das revistas internacionais máis prestixiosas do eido químico, o Journal of the American Chemical Society. Resumindo a importancia da investigación, Mascareñas subliña que se trata fundamentalmente dun traballo de ciencia básica, dirixido a xeración de coñecemento e novos conceptos, pero con posibles repercusións prácticas no ámbito da saúde.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.