
O director xeral de Turismo da ConsellarÃa de Innovación e Industria, Rubén Lois, e o director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción TurÃstica de Galicia, Turgalicia, Xesús Pereira, presentaron en Santiago a primeira campaña de comunicación interior destinada a incentivar a concienciación cidadá en materia turÃstica, unha campaña que ten como obxectivo principal reforzar a imaxe positiva que teñen do territorio galego como destino turÃstico aqueles que visitan o paÃs ao longo do ano.
A campaña “Galicia é como ti es” busca un compromiso dos galegos e as galegas en xeral e a dos profesionais da hostalarÃa en particular para que, a través das súas actitudes cotiás, promovan a perceción dun destino amable e respectuoso coa xente e o contorno.
Deste xeito, a creatividade, fundamentalmente spots televisivos e anuncios en medios de comunicación escritos, ofrecerá distintas mensaxes que fomentan a complicidade: “Cando a coidas, cando sorrÃs, cando a protexes ou cando es amable, compartes o mellor de Galicia, o mellor de ti”. Trátase de facer Galiza un destino “inesquecible” a través das actitudes positivas cara o propio paÃs.
Orzamento
Para levar a cabo esta actuación, a ConsellarÃa de Innovación e Industria, a través de Turgalicia, destinará 500.000 euros que se investirán na difusión desta mensaxe nos medios audiovisuais e escritos de Galiza ao obxecto de achegarse ao meirande número posible de galegos e galegas ao longo do mes de xullo, xusto no momento no que comeza a despuntar a campaña turÃstica estival.
Este orzamento permitirá emitir preto de 300 pases dos spots de 30 e 40 segundos nas canles de televisión con cobertura no territorio galego e inserir máis de 40 anuncios publicitarios na prensa periódica galega ao longo do mes de xullo.
Factor humano
O deseño desta campaña de comunicación sitúase na necesidade de incentivar a resposta positiva da poboación galega cara os visitantes, logo de observar que un dos factores mellor valorados do destino Galiza é a boa acollida da cidadanÃa.
O turismo vense consolidando no último lustro coma un potente motor económico para Galiza, tanto no que se refire ao volume de ingresos anuais por turista como no relativo á creación de oferta, aspecto este no que se ven observando un ritmo sostido de incremento nas prazas turÃsticas. Neste sentido, cómpre lembrar que o ano pasado Galiza recibiu máis de 5,7 millóns de visitantes, dos que un 85 por cento procedÃan do Estado, o que sitúa a Galiza coma un destino preferente dentro do territorio peninsular.
A ConsellarÃa entende que é precisamente no turismo nun dos sectores económicos onde máis inflúe a actividade humana, a propia actitude das persoas dentro do propio destino repercute directamente na imaxe turÃstica do paÃs, polo que o departamento autonómico quere contribuÃr con esta campaña a concienciar á poboación galega en xeral, e aos profesionais da hostalarÃa en particular, da súa capacidade para influÃr positivamente na boa marcha do sector turÃstico e, polo tanto, na boa marcha do conxunto da economÃa galega.
Campaña xeral de promoción turÃstica
Por outra parte, nas últimas datas do mes de xuño, rematou a campaña de comunicación no ámbito estatal do destino turÃstico Galiza. Con esta acción, o turismo galego foi un dos máis e mellor promocionados cara a tempada de verán, xa que a mensaxe publicitaria transmitida a través das principais canles de televisión foi vista polo 90,8% da poboación do Estado maior de 16 anos, o que supón máis de 35.000.000 de persoas. Un dato claro da eficacia desta campaña no eido da comunicación foi que o 40% dos españois maiores de 16 anos viron o spot 10 ou máis veces ao longo do mes de xuño.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.