A Consellaría de Educación, a través da Inspección Educativa e do servizo de persoal, está facendo chegar aos centros información sobre a dotación do profesorado para o vindeiro curso. Segundo denuncia a Federación do Ensino de Comisións Obreiras (CC OOEnsino), o denominador común desta información é a redución de persoal respecto do pasado curso.
Segundo CC OOEnsino, a reducción do profesorado non se produce como consecuencia da reducción de grupos de alumnos, senón que a igual número de grupos ou incluso incrementándose, «preténdese dotar p centro de menos persoal, algo inadmisible». Ao tempo, o sindicato denuncia que a decisión se adopte nun momento no que se está a cargar de máis traballo burocrático aos centros.
Repercusións desta decisión
A organización sindical explica que a redución de persoal afectará de diferentes maneiras os centros. Prexudicaría na atención á diversidade, á propia organización interna, á posibilidade de oferta de materias optativas «e mesmo na calidade do servizo educativo público», aseguran desde CC OO.
Posibles mobilizacións
CC OOEnsino lémbralle á Administración educativa que o Acordo de Secundaria do ano 1998 e o Acordo de cadros de persoal e horarios para o corpo de mestres asinado o 8 de xullo de 2007 «establecen unhas condicións que non poden ser alteradas de forma unilateral pola Consellaría de Educación».
Por este motivo, a Federación do Ensino comunícalle ao departamento educativo que «permaneceremos atentos ao cumprimento dos acordos». Así mesmo, os representantes sindicais advírtenlle á Consellaría que calquera incumprimento dos acordos «terá como consecuencia un inicio de curso 'quente', no que non descartamos mobilizar ao profesorado».
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.