
O grupo confórmano os seus alumnos que se alzaron coas medallas na Fase Nacional da XLIV Olimpíada Matemática Española. Por primeira vez na súa historia, a Olimpíada Matemática Internacional vaise celebrar entre os días 10 e 22 de xullo en España, concretamente en Madrid. (http://www.imo-2008.es)
O equipo confórmano, ademais de Felipe Gago, Luis Hernández (titor) e os alumnos Diego Izquierdo Arseguet (18 anos), Juan José Madrigal Martínez (17 anos), Arnau Messegué Busian (17 anos), Gabriel Fürstenheim Milerud (18 anos), Moisés Herradón Cueto (16 anos) e David Alfaya Sánchez (17 anos). Na recepción coa ministra, acompañaron á delegación a presidenta da Real Sociedad Matemática Española, o decano da Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense e o presidente do xurado Internacional da 49 IMO.
A ministra destacou que toda sociedade que pretenda ter algún grao de desenvolvemento autónomo, necesariamente precisa de mozos con talento para as ciencias en xeral e para as matemáticas en particular, que no futuro estarán chamados a liderar os avances científicos e tecnolóxico.
Pola súa parte a presidenta da RSME, Olga Gil Medrano, lembrou que por vez primeira en moito tempo, non se clasificou ningunha rapaza entre os primeiros, se ben a súa participación nas fases locais continúa a medrar.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.