Notas de prensa

Domingo Goás Chao, homenaxeado pola Asociación de Amigos da Muralla de Lugo

O avogado vilalbés recibiu a medalla e diploma de admirador da Muralla outorgada pola Asociación de Amigos da Muralla que promove a revista oral Ronda na que tamén interveu o titular do bufete Goas-Rico

A Asociación de Amigos da Muralla de Lugo entregou este xoves, na Muralla lucense, a súa medalla e diploma de admirador da Muralla ó vilalbés residente en Madrid Domingo Goás Chao, titular do bufete de avogados Goas-Rico e Presidente do Consello de Administración de Interdix Galicia-Galicia Dixital.

Así mesmo, o Presidente da Agrupación, Alfredo Sánchez Carro, entregou cadanseu diploma ós avogados deste bufete madrileño, Cristina Moreno Renedo, Felipe Bances Handschuh e Julio Rico Esteban, así como a Alberto Goás Filliguer e Daniel Goás Filliger.



Nota


Con posterioridade, Domingo Goás interveu na revista oral Ronda, da Asociación de Amigos da Muralla de Lugo, onde falou da súa visión do monumento nos seus anos infantís e logo como especialista en urbanismo. Nesta sesión participaron Alfredo Sánchez Carro, que coordinou o desenvolvemento da revista oral; Francisco Rivera Cela entrevistando a Francisco Real, Presidente dos hosteleiros lucenses; Daniel Varela Piñeiro, sobre a Ronda Interior da Muralla; Xulio Xiz, cun editorial dedicado de xeito especial á irmandade entre a Muralla de Lugo e a Gran Muralla China, así como o debuxante Daniel Pérez Pereira (Danip), que realizou en directo unha viñeta sobre o monumento.



Asociación de Amigos da Muralla de Lugo, 2008-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES