Notas de prensa

Ferrol recaba o apoio do Eixo Atlántico para a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

Ferrol albergará unha reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico. As 34 cidades do Noroeste peninsular debatirán as estratexias a seguir en materia de transportes.

O primeiro edil, Vicente Irisarri, informou de que o vindeiro ano Ferrol albergará unha reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico. Un encontro no que se darán cita 34 cidades do Noroeste peninsular. Así llelo trasladaba o secretario xeral da organización, Xoán Vázquez Mao, na tarde de onte ao propio Irisarri, logo de manter unha reunión de traballo na cidade olívica.

Así as cousas, o rexedor ferrolán indicou que a cita terá lugar no primeiro trimestre do ano 2009, concretamente no mes de marzo, e subliñou o carácter estratéxico da mesma, toda vez que vai xirar en torno ao sector do transporte. Esto é, permitirá avanzar nas liñas de colaboración e cooperación do Plan Estratéxico de Transporte do Eixo, tanto por estrada como por ferrocarril e tamén no eido marítimo. O obxectivo é a promoción dunha planificación integral do territorio, presentando alternativas de conectividade, especialmente nas zonas urbanas e periurbanas e nas zonas de baixa densidade do interior mediante a combinación de diferentes sistemas de transporte. Asemade, esto permitirá crear unha rede de transporte máis económica, eficaz e sostible que influirá de maneira directa na mellora da calidade de vida dos cidadáns desta rexión do Noroeste peninsular.

Asimesmo, Xoán Vázquez Mao comprometeu o apoio do Eixo ás aspiracións de Ferrol para ser designada Patrimonio da Humanidade. Un respaldo que o secretario xeral asegurou no momento no que se presenten os expedientes ante os organismos competentes.

Outro dos asuntos abordados foi a necesidade de establecer unha colaboración estreita co fin de que Ferrol poida optar a unha porcentaxe suficiente das axudas europeas para levar a cabo proxectos considerados estratéxicos para a urbe naval. Tamén para proxectar a imaxe da cidade de Ferrol máis alá das fronteiras rexionais e mesmo nacionais. Neste senso, Irisarri e Vázquez Mao coincidiron na necesidade de facer fincapé na proxección turística de Ferrol, explotanto especialmente os seus valores arquitectónicos, patrimoniais e medioambientais.

Finalmente, Vicente Irisarri anunciou que o secretario xeral do Eixo Atlántico visitará a cidade ferrolá tras o periodo estival co obxectivo de avanzar na preparación da xuntanza que reunirá ás 34 cidades que conforman a organización na súa Comisión Executiva. Será no mes de setembro, segundo o compromiso adquirido polo propio Vázquez Mao.




Gabinete de Prensa do Concello de Ferrol, 2008-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES