Notas de prensa

O Xacobeo participa no XX Encontro Compostelán en Italia

O Ano Xacobeo 2010 e a recuperación da Via Francixena entre Santiago e Roma centran boa parte dos actos deste encontro organizado pola Confraternita di San Jacopo e o Centro de Estudos Composteláns en Perugia.

A Confraternita di San Jacopo e o Centro Itialiano de Estudos Compostelans celebran esta fin de semana en Perugia a vixésima edición do seu encontro anual sobre o Camiño de Santiago, no que participan representantes da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellaría de Innovación e Industria, que colabora coa Confraternita na itinerancia da exposición “Roma-Santiago, Santiago-Roma”. Numerosos estudosos, investigadores, cofrades, membros das asociacións de amigos do Camiño, representantes institucionais e peregrinos danse cita estes días en Perugia para abordar a situación da ruta xacobea e das iniciativas que desenvolven conxuntamente para a súa promoción e difusión. O reitor da Confraternita di San Jacopo, Paolo Caucci von Saucken, foi o encargado de dirixir este encontro no que se abordaron as novidades científicas relacionadas coa ruta, a xestión dos albergues que rexenta a Confraternita e os proxectos que se desenvolven en relación co Camiño de Santiago e coa Vía Francixena.

Na sua intervención no encontro, Caucci destacou o proxecto que desenvolven os membros do Centro Italiano de Estudos Compostelans coa Consellaría de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Turismo, a mostra itinerante sobre o camiño que une Santiago e Roma que esta primavera se puido visitar no Vaticano e que ten unha segunda itinerancia prevista para o verán en Turín. Tamén falou da necesidade de promocionar, estudar e reactivar a Vía Francixena e mais do recente irmanamento entre Santiago de Compostela e Assis. Entre os proxectos da Asociación Italiana, que tamén dirixe Caucci, está así mesmo a recuperación do Camiño Franciscano. Recentemente, a asociación ven de inaugurar o seu novo albergue en Asis, que se une aos que xa rexentan en San Nicolas de Puentefitero e mais en Radicofani.

No encontro, representantes do Xacobeo abordaron a relación da S.A. coas Asociacións de Amigos do Camiño e da importancia destas organizacións para o turismo de Galiza pola súa importancia como axentes de promoción. Propuxéronse así mesmo estratexias conxuntas de promoción do Xacobeo 2010 e a apertura de liñas de colaboración cara á reactivación da Vía Francixena. Varios membros da Confraternita expuxeron tamén as súas investigacións recentes sobre a ruta xacobea facendo especial mención as testemuñas da difusión da iconografía de Santiago no mundo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES