
O Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, é o novo membro de honra da Cofradía del Capón de Villalba. Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo, recibiu a insignia que o acredita como membro de honra da "Cofradía del capón de Villalba", de mans do presidente da Cofradía, o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao.
A entrega efectuouse no decurso dunha Degustación do capón vilalbés efectuada no Restaurante Casa María da capital lucense, á que asistiron diversos membros da Cofradía, o expresidente do Parlamento de Galicia, José María García Leira, o concelleiro vilalbés García-Leira Boado, o secretario do bispo lucense Mario Vázques Carballo e o xornalista Francisco Rivera Cela entre outros.
É a terceira degustación do capón vilalbés que se efectúa na capital lucense. En próximas xornadas celebraranse dúas novas degustacións e Madrid e cadansúa en Poio e Mondariz, na provincia de Pontevedra.
Fotografía: Fernando Rey
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.