Notas de prensa

O I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural reúne a expertos de 17 Universidades

Debátense proxectos e propostas sobre investigación e desenvolvemento neste eido do saber pedagóxico para dar resposta aos desafíos da busca de éxito escolar nunha sociedade que medra en diversidade cultural.

Expertos e investigadores de dezasete Universidades españolas participan en Santiago no I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural, no que están a presentar e debater proxectos e propostas sobre investigación e desenvolvemento neste eido do saber pedagóxico. Esta discusión formúlase, afirman os organizadores, cando se “multiplican” os desafíos que conleva a busca de éxito escolar nunha sociedade “que medra en diversidade cultural”.

Patrocinado polo Centro de Investigación e Documentación Educativa do Ministerio de Educación e organizado polo Grupo ESCULCA da USC, o propósito principal do evento é a construción de sinerxías entre grupos con acreditada traxectoria investigadora en educación intercultural, a fin de procurar unha máis efectiva transferencia do coñecemento á escola e a outras instancias formativas. Os investigadores están a avaliar ademais as condicións polas que os programas de educación intercultural poden contribuír á mellora xeral da equidade e do sistema educativo.

Xa na parte final do simposio, a correspondente á sesión de hoxe venres, os participantes someterán a debate e resolución a creación dunha Rede Nacional de Investigadores en Educación Intercultural, coa que se iniciaría o camiño para a realización de proxectos conxuntos tanto nacionais como internacionais.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES