Notas de prensa

O Comité de Árbores Senlleiras inclúe no catálogo catro novos exemplares

As novas incorporacións acordadas por unanimidade entre 45 propostas son: os Buxos da Illa do San Simón (Pontevedra), o Teixo de Cereixido de Quiroga (Lugo), o Rebolo de Quegua, no Parque Natural do Xurés, e os carballos da Vila de Bande (Ourense).

O Comité das Árbores Senlleiras acordou a inclusión no catálogo de catro novos exemplares, dúas árbores e dúas formacións arbóreas. As novas incorporacións son as formacións arbóreas dos Buxos da Illa de San Simón (Pontevedra), e dos carballos da vila de Bande (Ourense) e os exemplares do Rebolo de Quegua, no Parque Natural do Xurés (Ourense) e o Teixo de Cereixido de Quiroga (Lugo).

Estes novos exemplares foron seleccionados por unanimidade dos membros do comité entre as 45 solicitudes presentadas, nunha reunión celebrada onte. Os membros do comité valorarán en vindeiras semanas a posible inclusión de novos exemplares no Catálogo de Árbores Senlleiras, que actualmente recolle 106 árbores e 21 formacións arbóreas.

Os exemplares e formacións que finalmente non sexan incluídos no catálogo poderán quedar protexidas mediante outros instrumentos de carácter local (catálogos municipais, plans de ordenamento) ou outras figuras de protección da natureza (como as de Espazo Natural de Interese Local ou Espazo Privado de Interese Natural) ou ben mediante protección de patrimonio cultural. Ademais, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza conservará toda a información sobre as especies propostas, que poderá ser utilizada para a elaboración doutros catálogos ou do inventario de exemplares no que actualmente está a traballar.

Composición do Comité

Cabe lembrar que o Comité de Árbores Senlleiras é un órgano consultivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, constituído por representantes de diferentes institucións, entre eles das consellerías de Medio Ambiente, Cultura e Medio Rural e das tres universidades galegas, ademais de varios expertos, que son os encargados de valorar as solicitudes recibidas en base a criterios morfolóxicos, históricos, culturais, estéticos e paisaxísticos, co obxectivo de seleccionar a mellor representación das diferentes especies arbóreas a nivel autonómico.

Sinalización

Co obxectivo de promocionar e recoñecer as árbores senlleiras de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente ten previsto sinalizar cunha placa cada un dos exemplares incluídos no catálogo, recollendo na mesma as características que os distinguen, e ademais entregará un diploma acreditativo as seus propietarios.



Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, 2008-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES