Notas de prensa

Degustación de capón pola Cofradía do capón de Vilalba

Persoas destacadas da política, a avogacía, a empresa e os medios de comunicación déronse cita nunha degustación de capón organizada pola Cofradía que preside o avogado vilalbés afincado en Madrid, Domingo Goás Chao.

A Cofradía del Capón de Villalba que preside o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, celebrou unha das súas degustacións na capital lucense, á que asistiron unha vintena de destacados lucenses da política, avogacía, medios de comunicación e empresa.

A degustación tivo lugar no restaurante Mesón de Alberto, correndo o menú a cargo do cociñeiro Alberto García, que preparou o exquisito capón vilalbés ó xeito tradicional e ó seu propio estilo nun prato de creación que foi loubado por todos os asistentes.

No mesmo acto, o avogado vilalbés Domingo Goás, colocou a banda de cofrade maior a Alberto García.

NotaA "Cofradía del capón de Villalba" é unha asociación sen fin de lucro, creada polo avogado vilalbés co fin de divulgar as excelencias deste prestixioso manxar, que se en tempos estaba reservado exclusivamente para o tempo do Nadal, as técnicas actuais de conservación permiten o seu consumo durante todo o ano. É propósito do rector da Cofradía facer diversas degustacións en A Coruña, Pontevedra, Madrid, así como de novo na capital da provincia de Lugo.

Fotografías: Fernando Rey.

Cofradía del capón de Vilalba, 2008-03-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES