
Grupo de 25 sacerdotes ordenados na Igrexa de Santiago-a Nova-de Lugo o 22 de marzo do 1958 e o da súa primeira Misa, na catedral, o dÃa 24. (Na foto, con D. Francisco Vázquez Saco, rector do Seminario, no claustro da catedral).
O presbiterio diocesano, presidido polo seu bispo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, tributaralles a tradicional e agarimosa homenaxe de agradecemento pola súa entrega á diocese que terá lugar, no seminario de Lugo, o vindeiro nove de maio, festa de San Juan de Avila, patrono do clero secular de España.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.